Eloína Nuñez é a responsable da área sanitaria de Santiago e, por tanto, do PAC da Estrada, onde morreu un paciente cando non había ningún médico.
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao goberno galego un plan de contratación de persoal para o Hospital do Salnés que permita manter aberta a terceira planta de forma permanente. O responsable socialista sinalou ao “deixamento e abandono” por parte de Sanidade como motivo da situación insustentable deste centro.
A Xerencia do Sergas na área Sanitaria de Vigo acaba de aumentar as horas voluntarias que poden facer os médicos de familia dos Puntos de Atención Continuada (PAC). Para o sindicato Comisións Obreiras estamos ante unha resolución "ilegal" e que vulnera o dereito á folga.
O sindicato ASMIG denuncia que "o tribunal da OPE está dominado por SEMFYC", a Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria. Na súa opinión, isto desvirtúa a limpeza do proceso favorecendo aos médicos que se sacaron o MIR.
Toda a oposición abandona permanentemente a Comisión Parlamentaria que debía investigar os recortes no SERGAS. Así protestan porque o PP blandió a súa maioría absoluta para impoñer que persoas deberían comparecer.
O Movemento debuxa un panorama desolador da atención en psicoloxía e psiquiatría en área sanitaria de Coruña e no Hospital de Conxo e de Santiago.
Pode un traumatólogo antender a 50 pacientes en só día e facer ben o seu traballo? Cal é a calidade da atención que presta un neurólogo que só ten 30 minutos para cada novo caso? Un dos principais sindicatos de médicos de Galicia arremete contra a falta de medios no SERGAS. "É unha situación insustentable á que hai que dar unha solución definitiva", reclama CESM Galicia.
O Hospital Gil Casares acaba de sufrir un novo derrube nun dos seus teitos interiores. Un exemplo máis da deterioración deste centro do SERGAS.
Cruzamento de acusacións no Parlamento sobre a situación do SERGAS. O presidente de la Xunta acusa a "cargos do bipartito" de estar detrás das plataformas en defensa da sanidade pública. O Bloque reclama que rectifique nos PACs como rectificou cos pediatras.
Tras as numerosas críticas dos profesionais sanitarios e da posición, o SERGAS dá marcha atrás. A reforma legal, metida de esguello na Lei de Acompañamento dos Orzamentos, non seguirá adiante.
A Xunta introduce unha reforma legal pola que se crea a figura do pedriata de área. O cambio supón que non se pode garantir que o mesmo médico atenda sempre a cada neno, segundo varias críticas lanzadas hoxe por profesionais e políticos.
Por tanto deben contar cos recursos necesarios para unha atención médica adecuada”.Ao fío do falecemento dunha persoa no PAC da Estrada cando non había médico, Louzao reivindica que “desde a política e o servizo ao cidadán temos que defender que existan os recursos mínimos en cada PAC, e que en caso de saída por desprazamento do persoal médico sempre haxa algún outro que quede no seu lugar para atender as urxencias.
Ata 22 pacientes esperando durante horas nos corredores de urxencias. Nalgúns casos "pacientes graves que esperaban máis de tres horas en ser atendidos" en padiolas e cadeiras de rodas á espera de recibir atención. Estes son dous dos puntos da denuncia remitida hoxe desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.
Aparcar na contorna do CHUS é un pesadelo e seguirá siendolo mentres as administracións non se poñan de acordo. Hoxe Compostela Aberta reclamou que a Xunta o financie e deseguido saíu o SERGAS ha responder que diso nada.
A plataforma acusa o ministro Vázquez Almuíña de dar crifras que están "moi ejos da realidade".
Un usuario do SERGAS denuncia a falta de subministración dun medicamento contra as arritmias nas farmacias galegas. Á súa vez lamenta que as institucións non repararon o desabastecemento nin informaron aos afectados.