A Xunta xustifica a libre designación de varios cargos no SERGAS que anulou a Xustiza
A Consellería de Sanidade xustifica o método polo que designou catro xefaturas de servizo por libre de designación, que acaba de anular a o TSXG tras unha denuncia de Comisións Obreiras. "No convencemento de que estes postos cumplian eses requisitos, e en atencion ao interes publico, a conselleria de sanidade propuxo en Relación de Postos de Traballo (RPT) manter o sistema de libre designacion", explica a Galiciapress.
A Consellería de Sanidade xustifica o método polo que designou catro xefaturas de servizo por libre de designación, que acaba de anular a o TSXG tras unha denuncia de Comisións Obreiras. "No convencemento de que estes postos cumplian eses requisitos, e en atencion ao interes publico, a conselleria de sanidade propuxo en Relación de Postos de Traballo (RPT) manter o sistema de libre designacion", explica a Galiciapress.
A sentenza di que estes postos debían de ser designados mediante concurso específico, e non a dedo. O SERGAS argumenta que cando os designou foi antes dun cambio legal: "A lei de emprego publico do ano 2015 introduciu o sistema de concurso especifico como sistema normal de provision destes postos, limitando a libre designacion para supostos excepcionais taxados na lei; entre eles, postos cuxo contido funcional implique manexo de datos persoais, confidencialidade, etc.".
En todo caso, supón a sentenza que esas xefaturas de servizo deben ser reasignadas? Desde Sanidade entenden que non, dado que a sentenza non ten efectos retroactivos e a Xunta cumpriu no seu día coa lei vixente, aínda que no futuro deban, en principio, aplicar o criterio do tribunal, adxudicalos mediante un concurso de méritos específico e non dando aos cargos políticos a liberdade de elixilos a dedo. "Trátase de diversas xefaturas de servizo da Conselleria e Sergas cubertas con funcionarios desde hai varios anos polo sistema de libre designacion, que era o procedemento aplicable nese momento", insisten.
ARGUMENTOS DO TRIBUNAL
Segundo sóubose onte, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declara a "nulidade" da resolución do 28 de xullo de 2017 da Consellería de Facenda sobre unha modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Consellería de Sanidade e do Sergas, pola forma de provisión de catro prazas.
Concretamente, trátase da provisión das prazas de xefe de servizo de xestión de proxectos de sistemas de información, servizo de soporte de implantación, servizo de infraestruturas de arquitecturas tecnolóxicas, e servizo de xestión e coordinación do expediente profesional electrónico.
No fallo, o alto tribunal apunta que a Xunta unicamente enumera "o criterio xenérico de excepcionalidade (especial responsabilidade), pero non realiza unha análise das funcións dos postos nin se xustifican as razóns polas que, a partir de cometidos propios dos postos de traballo, concorren os requisitos legalmente establecidos para que se provea por libre designación" eses postos. Para o tribunal, resulta "insuficiente" a "mera mención" á garantía de protección de datos, sinala o fallo xudicial, no que tamén se lembra que os funcionarios públicos xa teñen obrigación de gardar secreto
Escribe o teu comentario