Experta chamada polo PP cuestiona gastar diñeiro en alongar a vida dalgúns enfermos de cancro

Unha catedrática proposta polo PPdeG para comparecer no Parlamento dubida que o SERGAS deba sufragar tratamentos oncolóxicos a pacientes con pouca esperanza de vida. "É un problema porque se están dando tratamentos oncoloógicos a pacientes que non teñen máis perspectiva que un par de meses por diante e que estámos gastando medio millón de euros por gañar o equivalente a un ano de vida axustado por calidade" declarou onte Beatriz González López.


|

Unha catedrática proposta polo PPdeG para comparecer no Parlamento dubida que o SERGAS deba sufragar tratamentos oncolóxicos a pacientes con pouca esperanza de vida. "É un problema porque se están dando tratamentos oncolóxicos a pacientes que non teñen máis perspectiva que un par de meses por diante e que estámos gastando medio millón de euros por gañar o equivalente a un ano de vida axustado por calidade" declarou onte Beatriz González López.



Beatriz gonzalez

Beatriz González comparecendo no Parlamento de Galicia


Trátase dunha profesora da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria especialista en Economía da Saúde e doutora en Económicas. González, de orixe galega, é unha das expertas que o Partido Popular chamou para a Comisión de investigación sobre recortes e privatización do sistema sanitario. 


No seu comparecencia, a experta  en Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión posicionouse coas teses conservadoras, interpretando que os recortes sanitarios non teñen necesariamente porque causar máis falecementos. Os deputados do PPdeG aplaudiron a súa intervención.


O PP INVESTÍGASE A SI MESMO  

Foron os únicos que o fixeron, porque os parlamentarios da oposición non asisten á Comisión. O boicot de En Marea, PSdeG e BNG débese, precisamente, ao desacordo pola lista de comparecentes. 


A maioría do PPdeG impediu que expliquen o seu punto de vista persoas como os familiares do ancián morto no PAC da Estrada cando non había ningún médico ou representantes da Plataforma de enfermos de hepatite. 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE