comisión de investigación

Faltan 5.000 prazas no SERGAS, pero o PP insiste no de "facer máis con menos"


Para que o SERGAS recuperase o persoal de antes da crise, deberíanse convocar 6.607 prazas e non as 1.400 ofertadas, segundo datos da CIG na Comisión de Investigación do Parlamento. Fronte a estes números, o representante do Partido Popular teima no vello eslogan de "facer máis con menos", aplicado por Feijóo durante a recesión. 

"A xente pensa que non pode morrer" di o portavoz de Sanidade do PP ao fío do gasto en cancro

As palabras de Beatriz González, cuestionando que o SERGAS gaste diñeiro en enfermos de cancro con pouca esperanza de vida, pasaron inicialmente case desapercibidas. Unha vez que Galiciapress destacou a intervención desta catedrática na Comisión de Investigación sobre Recortes do Parlamento, desatouse unha tormenta de acusacións cruzadas. 

Experta chamada polo PP cuestiona gastar diñeiro en alongar a vida dalgúns enfermos de cancro

Unha catedrática proposta polo PPdeG para comparecer no Parlamento dubida que o SERGAS deba sufragar tratamentos oncolóxicos a pacientes con pouca esperanza de vida. "É un problema porque se están dando tratamentos oncoloógicos a pacientes que non teñen máis perspectiva que un par de meses por diante e que estámos gastando medio millón de euros por gañar o equivalente a un ano de vida axustado por calidade" declarou onte Beatriz González López.

Caballero insta a nove concellos a que "aforren o mesmo que Vigo" en auga

O goberno socialista insiste en a comisión de investigación solicitada sobre as relacións entre Alberto Núñez Feijóo "e o narcotraficante Marcial Dorado"

En Marea, PSdeG e BNG buscan forzar unha comisión de investigación sobre os recortes na sanidade

Pódese crea unha comisión de investigación en cada lexislatura se o solicitan un terzo dos 75 deputados que pertenzan a un mesmo grupo parlamentario, ou ben os dous quintos da Cámara

As vítimas do Alvia ven boa disposición pero "nada máis" do ministro de Fomento, que "estudará as súas peticións"

O informe da Axencia Ferroviaria Europea concluíu que a investigación realizada en España pola CIAF non foi independente e nela non se abordaron "elementos crave"

PP e PSOE bloquean a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente de Vigo

O BNG critica a "falta de respecto" a as vítimas e En Marea acusa a 'populares' e socialistas de "encubrirse mutuamente" 

A comisión de investigación sobre O Marisquiño a debate este xoves no Parlamento

O que si acudirá á Cámara no período ordinario, previsiblemente no pleno do 11 e 12 de setembro, será o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

Alfonso Rueda comparecerá no Parlamento para falar do accidente de Vigo

Rueda rexistrou esta solicitude este mesmo martes na Cámara autonómica, dous días antes de que a Deputación Permanente debata a petición de En Marea e BNG 

O Parlamento decide se abrir unha comisión de investigación sobre o accidente de O Marisquiño

BNG e En Marea reclaman a celebración desa sesión extraordinaria para que compareza o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

Comeza a investigación no Congreso sobre a caída do Banco Popular e a venda ao Santander

A comisión que investiga no Congreso a crise financeira, o rescate bancario e a quebra das caixas de aforro comeza este martes para investigar a caída do Banco Popular en xuño de 2017, intervido e finalmente vendido por un euro ao Santander en xuño de 2017


​Podemos reclama unha investigación sobre os "tentáculos" da Gürtel en Galicia

Carmen Santos apela aos testemuños de Correa e Pablo Crespo para impulsar unha comisión no Parlamento.

A plataforma de vítimas de Angrois pide que se inicie a comisión de investigación sobre o sinistro

Nunha carta dirixida a Ana Pastor, a plataforma expón o seu malestar por ver como, a pesar de estar aprobada, a comisión permanece paralizada. 

Un preferentista e un sindicalista da CIG, chamados á comisión de caixas do Congreso

As comparecencias dos altos cargos abriraas Rodrigo Rato o 9 de xaneiro.

José Blanco reitera que a súa "responsabilidade política" co AVE galego foi "blindalo"

O ex ministro de Fomento proclama que na comisión sobre Angrois "débense clarificar algunhas sospeitas que non teñen fundamento".

Sen os documentos sobre a 'caixa b' do PP, a comisión do Congreso ve "case imposible" avanzar

A Audiencia Nacional negoulle documentación do proceso penal. O PP celébrao e pide que se peche.

As vítimas do Alvia queren que a comisión funcione coma un interrogatorio xudicial

A plataforma trata de convencer a PSOE, Podemos e Ciudadanos de usar pregunta-resposta cos comparecentes para que respondan con concreción.

A comisión de investigación do Alvia sae adiante a pesar do rexeitamento do PP

A proposta conseguiu 208 votos a favor e 135 votos en contra, os do PP e os seus socios electorais de UPN e Foro Asturias.

PSOE e En Marea chegan a un acordo de mínimos sobre a comisión do accidente do Alvia

Unha vez posta en marcha, a formación galega afirma que os seus obxectivos son "moito máis amplos" que os formulados polos socialistas.

Luz verde no Congreso para a comisión de investigación sobre Angrois

A Mesa pedira un informe xurídico, que non atopa ningún conflito na iniciativa. O debate aínda non ten data.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE