​Podemos reclama unha investigación sobre os "tentáculos" da Gürtel en Galicia

Carmen Santos apela aos testemuños de Correa e Pablo Crespo para impulsar unha comisión no Parlamento.


|

Pablocrespocorrea


A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, anunciou que lle propoñerá ao Grupo Parlamentario de En Marea que impulse unha comisión de investigación na Cámara galega sobre os "tentáculos" da trama Gürtel en Galicia.


Así o anunciou nunha rolda de prensa ofrecida este luns, na que explicou que, ademais, tentará que o apoio a esta proposta se amplíe ao PSdeG e ao BNG para que a comisión de investigación se active "canto antes".


Acompañada polo secretario de Organización, Juan Merlo, e polo integrante da área de Mocidade David Crespo, Carmen Santos deu a coñecer a proposta que lle presentará ao Grupo Parlamentario de En Marea.


CORRUPCIÓN E CACIQUISMO


Na súa intervención, a secretaria xeral de Podemos Galicia considerou necesaria a posta en marcha desta comisión de investigación para que a sociedade galega "coñeza ata o último hilillo de plastilina da Gürtel en Galicia".


"A realidade é que o PP de Galicia construíu a súa maioría absoluta en Galicia sobre os cimentos da corrupción, a mordida e o tráfico de influencias", asegurou Carmen Santos, que sinalou que isto lle "permitiu construír unha rede caciquil da que se segue beneficiando" e concorrer "presuntamente dopado" a todos os procesos electorais autonómicos", indicou.


E é que, conforme sinalou, o propio líder da trama Gürtel, o empresario Francisco Correa, "ratificou" a semana pasada que esta rede "traballou co PP de Galicia". A iso, engadiu que o ex secretario de Organización do PP galego Pablo Crespo tamén asegurou que "dispón de información sensible" sobre a "caixa B" da formación conservadora en Galicia.


relacionada ​Pablo Crespo confesa pagos en negro en actos electorais do PP
relacionada Fraga pedía doazóns "a todo o mundo" e dábanlle cheques nos mitins
relacionada Anticorrupción considera acreditada a caixa B do PP e que Bárcenas meteu a man

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE