O 21% dos galegos diagnosticados con problemas mentais pero o SERGAS creou só unha praza de psicólogo en 30 anos

Considera que o plan de saúde mental de Galicia debe servir para "alcanzar os estándares de calidade"

|

Na Comisión de Investigación do Parlamento, un xefe de Psiquiatría reclama máis medios


Considera que o plan de saúde mental de Galicia debe servir para "alcanzar os estándares de calidade"


O xefe do servizo de Psiquiatría Agudos da área sanitaria de Vigo, José Manuel Olivares Díaz, asegurou que nos "últimos anos" non se fixeron recortes en saúde mental en Galicia e que "algúns datos mesmo melloraron" pero si considerou necesario "aumentar" os recursos nesta especialidade.


Comparecencia do xefe de Psiquiatria de Vigo, José Manuel Oliveirais
Oliverales Díaz compareceu este martes na comisión posta en marcha a iniciativa da oposición no Parlamento de Galicia para investigar os recortes na sanidade pública, un órgano no que lembrou que a última memoria anual do Servizo Galego de Saúde (Sergas) conclúe que "son necesarios esforzos para destinar máis recursos" á saúde mental.

UN 21 % DOS GALEGOS DIAGNOSTICADOS CON PROBLEMAS MENTAIS
Tras debuxar o panorama da saúde mental no mundo, o xefe de Psiquiatría Agudos de Vigo advertiu de que este é "un importantísimo problema de saúde". "Unha de cada catro persoas no mundo vai ter unha enfermidade mental, un 21,6% dos galegos foron diagnosticados con trastorno mental", sinalou nunha intervención na que lamentou que esta rama da saúde sempre "fose un pouco a rastro", cuestión que vinculou co "estigma dos enfermos mentais".

Neste punto, apuntou que en España hai de media 10,5 psiquiatras por cada 100.000 habitantes, lixeiramente por encima de la cifra que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS) --10--. "En Galicia a cifra en 2009 era de seis, mentres que en 2016 chegou a sete", cun "aumento do 15%", sinalou para incidir na importancia de aumentar os recursos.

UNHA SÓA NOVA PRAZA DE PSICÓLOGO  EN TRINTA ANOS
Así mesmo, en canto aos profesionais de psicoloxía, lembrou que a media europea é de oito por cada 100.000 habitantes, en España está en 4,3 e en Galicia en tres. "En Vigo tivemos unha nova praza, e é a única que creceu nos últimos 30 anos e foi na última lexislatura", apuntou nunha comparecencia na que asegurou que as "cousas malas" que se "arrastran", arrástranse " desde hai moitísimo tempo e por iso custa tanto melloralas".

Ademais, subliñou que na Comunidade galega "calquera fármaco" que sae ao mercado pode ser implementado e receitado polos profesionais. "Andalucía ou Cataluña non poden prescribir un antisicótico moderno e iso en Galicia non é un problema", indicou

PLAN DE SAÚDE MENTAL DE GALICIA
Neste contexto, Oliveirais Díaz considerou que a elaboración do Plan de Saúde Mental de Galicia no que a Xunta traballa supón unha "oportunidade" para mellorar nesta rama da sanidade e considerou que debe "corrixir os desequilibrios entre as áreas sanitarias" e "os existentes dentro das propias áreas".

Ademais, tamén subliñou que "ten que servir para tratar de alcanzar os estándares de calidade" no marco do que indica o Plan Europeo de Saúde Mental de 2013. "Deberiamos acollernos e darlle características propias", sinalou.

E é que, segundo indicou, "investir en saúde mental aforra diñeiro" e citou estudos de expertos que apuntan que "por cada euro" que se destina á detención e tratamento precoz da depresión afórranse "cinco euros" mentres que en psicoses o aforro chega ata os "18 euros" por cada euro investido.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE