Un de cada tres galegos non se pon condón cando ten sexo con novas parellas
O estigma social sobre o VIH continúa a pesar de que as medidas de protección contra a SIDA úsanse menos. Así unicamente a tres de cada dez galegos (un 33%) non lle importaría saír cunha persoa seropositiva e o mesmo porcetaje di non usar preservativo en relacións con novas parellas.
O estigma social sobre o VIH continúa a pesar de que as medidas de protección contra a SIDA úsanse menos. Así unicamente a tres de cada dez galegos (un 33%) non lle importaría saír cunha persoa seropositiva e o mesmo porcetaje di non usar preservativo en relacións con novas parellas.
Son datos do estudo Deixou o VIH de ser un problema? realizado por IAPAC (International Association of Providers of AIDS Care) coa colaboración de Gilead Sciences. Datos publicados ao fío do Día Mundial da Sida, que se celebra cada 1 de decembro.
Segundo esta investigación, máis dun terzo dos galegos (35%) cre falsamente que é posible contraer o virus ao compartir un cepillo de dentes e o 68% declarou non realizarse nunca a proba
do VIH.
A XUNTA ANIMA A FACERSE A PROBA DO VIH
Precisamente, para limitar o impacto desta ignorancia, o SERGAS anima á poboación para facerse a proba.
A calidade e a esperanza de vida incrementáronse notablemente nos últimos anos, pasando de ser un problema de alta mortalidade a un problema crónico. Actualmente, -destaca a Xunta-, o virus transmítese maioritariamente por vía sexual, sendo a transmisión da infección por prácticas sexuais non seguras entre homes que teñen sexo con outros homes a categoría máis significativa, aínda que desde 2013 tamén está a baixar o número destes infectados.
Nun evento este venres o subdirector xeral de Saúde Pública presentou o Informe epidemiolóxico da infección polo VIH-Sida e outras ITS 2018. O nivel de infeccións polo VIH en Galicia, estabilizaoda na década pasada, manifesta unha clara tendencia á baixa nos últimos anos.
Escribe o teu comentario