Sergas

Case 30.000 candidatos a unha das 1.429 prazas das oposicións do SERGAS
Un total de 28.702 aspirantes foron admitidos no concurso oposición para o ingreso de en as categorías de enfermería, celador e grupo auxiliar da función administrativa da Consellería de Sanidade, que oferta 1.429 prazas.
"Non permitan que a morte do meu pai fose en balde" pide a filla do falecido nun PAC sen médico

Emocionado, Manuel Pereira puido contar por fin no Parlamento de Galicia como o seu tío faleceu nun Punto de Atención Continuada (PAC) cando non había ningún galeno. O portavoz da famlia de José Manuel Brey, a ancián vítima dos recortes, foi o primeiro comparecente da Comsión de Investigación alternativa que lanza a oposición. Os seus reproches ao goberno conservador foron duros, como duras foron as réplicas do PP á Comisión.

Xa se poden descargar probas diagnósticas desde a web do SERGAS
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) permite que os pacientes poidan acceder e descargar probas diagnósticas de imaxe como TACs, resonancias ou radiografías a través de Internet desde este luns.
Enfermeiros denuncian que o problema do SERGAS é de diñeiro, non só de falta de especialistas como di a Xunta
A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) denunciou que existe un "problema orzamentario" na asignación de recursos na sanidade galega e reclamou á Xunta cambios na "xestión global do sistema público de saúde" porque a situación non se solucionará só con "un maior número de especialistas".
Para Feijóo a culpa da falta de médicos no SERGAS é do Estado

O presidente de la Xunta nega que a sanidade pública galega careza de suficientes medios e reclama ao Ministerio un cambio no proceso de formación para, así, puedean ser contratados en Atención Primaria.

Tellado admite que "non hai medicos" a pesar da "sobrecarga" na atención primaria

O secretario xeral do PPdeG analizou esta mañá a preocupante realidade do SERGAS e o auxe da ultradereita en España. 


"Comisión alternativa" de investigación do SERGAS contra os vetos do PP
Os grupos da oposición no Parlamento galego --En Marea, PSdeG e BNG-- prevén presentar este xoves o seu proxecto para poñer en marcha "unha comisión parlamentaria alternativa ante os vetos impostos polo PP" no órgano activado para investigar "recortes" sanitarios e casos como o tratamento para afectados de Hepatite C ou a morte dun paciente no PAC da Estrada.
Os médicos xerais e de familia reclaman "medidas urxentes" para salvar a atención primaria do SERGAS

Á Xunta chóvenlle paus por todos os flancocs tras a dimisión da maioría dos xefes de centros de saúde de Vigo. A Sociedade Galega de Médicos Xerais e de Familia (SEMG Galicia) apoia a mobilización e a Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM) advirte ao SERGAS que a protesta podería reproducirse noutras áreas sanitarias.

Feijóo resta importancia ás dificultades para cubrir as baixas dos profesionais médicos

O presidente de la Xunta considera que o seguimento da folga convocada por ‘Ou’Mega’ é “testemuñal” e “sen éxito”. As declaracións de Feijóo chegan despois da dimisión de 22 xefes de servizo da área de Vigo.

Non hai diñeiro para médicos pero a Xunta gástase máis de 330.000€ ao ano en publicidade sanitaria

A Xunta destina polo menos cada ano 330.000 a dúas campañas de publicidade en medios de comunicación relacionadas co SERGAS, a pesar das continuas protestas pola falta de investimento en recursos humanos.

Dimiten en grupo xefes de centros de saúde do SERGAS ante cargas de traballo de ata 92 pacientes ao día
Os xefes de servizo e de unidade de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo confirmaron este luns a súa dimisión en bloque. "Máis do 80 por cento" destes cargos organizativos dos centros de saúde presentarán este martes no rexistro a súa dimisión ante o Sergas, ao que lle reclaman solucións por un problema que describen como de recursos humanos e de xestión.
Dimisión en grupo de xefes de centros de saúde do SERGAS

Ata o 70% dos xefes dos centros de saúde do SERGAS en Vigo dimitirán este luns ante a "progresiva deterioriación da Atención Primaria" ata "límites imposibles". Así o adianta o sindicato O'MEGA, que concretará os datos desta acción conxunta hoxe en rolda de prensa.

A programada derruba do sistema sanitario público galego

Un deterioro que acada dimensións alarmantes pois empeza a afectar a saúde dos propios galegos moi especialmente aos mais vulnerables: nenos/as, persoas maiores, discapacitados/as….

O SERGAS nega que unha paciente estivese a esperar por unha operación tres anos

A Xerencia do Sergas en Santiago responde á acusación lanzada pola Asociación de Pacientes do CHUS. Nela, unha paciente acusaba á sanidade pública de facerlle esperar "máis de tres anos" por unha operación de redución de estómago; entre o tempo que tardou en ser remitida ao especialista -dous anos- e os máis de doce meses que leva nunha lista de espera para cirurxía.

"Tres anos" esperando por unha operación no SERGAS

M.A.S.Ou. é unha nai diganosticada con obsesidad supermórbida. Segundo o seu relato, publicado pola Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, leva esperando por unha operación de redución de estómago desde fai "máis de tres anos", dous para lograr ver ao especialista -quen podía aprobar a operación- e xa máis dun en lista de espera para operarse.

Luz verde ás oposicións do Sergas, con 1.400 prazas este ano

O Goberno galego aprobou  o decreto da oferta pública de emprego (OPE) de 2018 do Servizo Galego de Saúde (Sergas), que contempla un total de 1.400 prazas de persoal estatutario. Nesta convocatoria esgótase a taxa de reposición.

CESM denuncia o uso de internos para cubrir aos PAC

O CESM denunciou que o SERGAS está a utilizar médicos internos residentes que aínda non concluíron a súa formación para cubrir as baixas dos PAC na área de Vigo. Así o fixo saber Antonio Otero, secretario xeral do organismo, que considera que esta é “a proba máis evidente do fracaso na xestión da Atención Primaria en Galicia”.

A Coruña contará cun novo hospital do Sergas ou ampliará o actual, promete Feijóo

De "útil" cualifican a súa reunión o alcalde da Coruña e o presidente de la Xunta, a pesar de non coincidir en temas como a estación intermedal e os usos dos peiraos

A CIG denuncia que o SERGAS perpetúa a "precariedade" coas oposicións para 2018
A CIG-Saúde cualificou a OPE para 2018 do Sergas como unha "tomadura de pelo" para o persoal, dado que perpetúa a "precariedade laboral" ao "limitar a oferta de prazas" á taxa de reposición. Fronte a isto, o sindicato esixe unha Oferta de Emprego na que se convoquen "todas as prazas vacantes desde 2010" e que abarque a todas as categorías.
O Sergas debe pagar as vacacións que negou a un enfermeiro

O contencioso-administrativo de Lugo deu a razón ao Sindicato de Enfermería (Satse) por non respectar a petición de vacacións dun traballador da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e obrigarlle a consumilas no mes de agosto.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE