O SERGAS pide ideas aos cidadáns para liquidar a crise dos médicos de familia

Vázquez Almuiña anuncia a ampliación do Centro de Saúde do Porriño, que dispoñerá de fisioterapia

|

Vázquez Almuiña anuncia a ampliación do Centro de Saúde do Porriño, que dispoñerá de fisioterapia


A Consellería de Sanidade avanzou este venres que busca canles de participación para recoller achegas e "ideas de mellora" dos cidadáns no proceso de configuración do "novo modelo de Atención Primaria" en Galicia.


Sanidade busca participación da sociedade na nova Atención Primaria


Así o trasladou, en declaracións aos medios, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante unha visita ao Centro de Saúde do Porriño, na que estivo acompañado polo xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial.

CRISE NOS MÉDICOS DE FAMILIA
Cuestionado acerca da situación da Atención Primaria e sobre as protestas de profesionais por falta de recursos, o conselleiro insistiu en que o seu departamento segue "aberto" ás achegas dos traballadores para mellorar o modelo e avanzou que, tendo en conta que o novo modelo de Atención Primaria "debe saír do consenso", o Sergas buscará vías de participación para os cidadáns.

Deste xeito, explicou, "a sociedade en xeral tamén pode achegar ideas de mellora", e trátase dun modo de participación que xa se probou en Montecelo e no CIS de Cangas-Moaña, con "bo resultado".

Por outra banda, lembrou que os grupos profesionais de mellora de Atención Primaria comezarán a traballar a próxima semana --martes e mércores--, e está previsto "sacar conclusións a principios de febreiro". A partir de aí, sinalou, tomaranse medidas, algunhas a curto prazo, como o "novo contrato máis estable" no que "se está traballando".

Vázquez Almuiña fixo un chamamento aos profesionais para que participen no proceso coas súas suxestións e propostas, e mesmo animou a aqueles que o desexen e aínda non o fixeran a sumarse a estes grupos.

AMPLIACIÓN DO CENTRO DE SAÚDE DO PORRIÑO
Por outra banda, o conselleiro de Sanidade anunciou este venres que o seu departamento contratará "en próximas semanas" o proxecto básico para acometer a ampliación do Centro de Saúde do Porriño, e precisou que as obras poderían comezar en 2020.

O conselleiro explicou que este centro ten "moitísima actividade" e que, como consecuencia da reordenación da área sanitaria, xa fora "reforzado en persoal e con reformas interiores". Con todo, admitiu que é necesario "incrementar o volume do edificio" para dotalo con novos servizos e mellorar a súa funcionalidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE