O SERGAS levará aos máis pequenos en coche ata o quirófano

O SERGAS imita así a outros servizos médicos que xa ofrecen esta alternativa, que demostrou ter moitos beneficios tanto na recuperación como no relativo á intervención cirúrxica.


|

O SERGAS imita así a outros servizos médicos que xa ofrecen esta alternativa, que demostrou ter moitos beneficios tanto na recuperación como no relativo á intervención cirúrxica. Os vehículos foron doados polo Corte Inglés e Obra Social de Pediatría.



Coche sergas niu00f1vos


Conducir polos corredores do Hospital Clínico de Santiago xa é posible. Nin sequera fai falta permiso de conducir ou ser maior de idade. Pero só os máis pequenos poderán gozar deste privilexio, reservado aos máis valentes. O SERGAS, grazas ás doazóns do Corte Inglés e Obra Social de Pedriatría, enviará desde agora nun coche eléctrico ata a área de cirurxía a todos os nenos e nenas ingresados no CHUS que teñan que ser operados.


No acto de entrega dos dous cochecitos estiveron presentes membros tanto das entidades que proporcionaron os vehículos como figuras da sanidade galega, como a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez.


O proxecto ‘Coches Eléctricos Terapéuticos’, que xa foi utilizado noutros complexos hospitalarios, permite aos menores de idade conducir ata a sala de operacións onde serán intervidos. Esta medida demostrou ser moi beneficiosa, xa que axuda aos nenos e nenas a ir tranquilos, o que axuda tanto ao menor como aos profesionais médicos durante o proceso. Ademais, durante o proceso de recuperación tras a intervención, os nenos e nenas que utilizaron este sistema tiveron un espertar moito menos axitado en comparación cos menores que non usaron o vehículo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE