O Sergas debe abonar o total do prorrateo de gardas en baixa maternal

Un xulgado de Vigo recoñécelle a dúas médicas do Sergas o dereito para cobrar o cento por cento das contías que se corresponden co prorrateo das gardas durante o período de baixa maternal e de lactación, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

|

Un xulgado de Vigo recoñécelle a dúas médicas do Sergas o dereito para cobrar o cento por cento das contías que se corresponden co prorrateo das gardas durante o período de baixa maternal e de lactación, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).



Madrebebhospitalcuna


O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Vigo emitiu dúas sentenzas nas que recoñece a dúas médicas que traballan no Sergas o dereito á percepción do cento por cento as contías correspondentes ao prorrateo de gardas durante o período no que estiveron en situación de baixa maternal e lactación.


Segundo explicaron fontes sanitarias a Europa Press, no Sergas aplicouse durante un tempo esta medida para que non "prexudicase" ás profesionais o feito de gozar do seu permiso maternal.


CONSECUENCIAS DA SENTENZA

O procedemento supón calcular o número de gardas que fixeron as médicas nos meses anteriores ao permiso de maternidade e faise unha media, a partir desta media establécese ese prorrateo.


Antes de chegar ao xulgado, estas dúas médicas solicitaran o abono desta parte proporcional das gardas á xerencia da EOXI de Vigo, que llo denegou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE