"Onte a Xunta non vía un problema no SERGAS, hoxe quere inventar outro modelo"

SOS Sanidade Pública argumenta que Feijóo está deslegitimado para arranxar os problemas de Atención Primaria e alerta que a nova comisión pode comezar a privatización desta parte do sistema.


|

SOS Sanidade Pública argumenta que Feijóo está deslegitimado para arranxar os problemas de Atención Primaria e alerta que a nova comisión pode comezar a privatización desta parte do sistema.


A asociación SOS Sanidade Pública cuestionou os criterios utilizados pola Xunta de Galicia para seleccionar ao grupo de expertos que abordarán os problemas da Atención Primaria e realizará propostas para a súa reorganización.



Feijoo almuiu00f1a

O presidente de la Xunta e o conselleiro de Sanidade


Nun comunicado remitido aos medios, SOS Sanidade Pública mostrou o seu temor a que este órgano sexa utilizado polo Goberno galego para "iniciar a privatización do nivel primario" de forma que continúe a "senda do hospitalario".


E é que, para esta asociación, o presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, está "deslegitimado para arranxar nada". "Onte non había ningún problema e hoxe hai que tirar e inventar outro modelo", censurou.


Nesta liña, considera que a creación deste grupo é unha "resposta urxente" dunha "administración desbordada" pola "rebelión e protesta" da gran maioría de profesionais de Atención Primaria.


"Esta comisión non ten nada que ver coa creada polo Plan de Mellora de 2007, na que estaban representadas case todas as organizacións da Atención Primaria", sinalou SOS Sanidade Pública, que considerou tamén que "crear responsables de xestión primaria" mantendo as actuais áreas de xestión supón "manter a subordinación" dos centros de saúde.


Por todo iso, a asociación reiterou a súa esixencia de abrir un proceso de negociación con todas as organizacións do nivel primario "sen excepcións".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE