Blindados 'Galicia Calidade' na fronte ucraína e pedra angular do plan do Ministerio de Defensa
Os vehículos 'made in Valga' forman parte do paquete de axudas entregado polo Goberno de España a Ucraína.
O próximo mes de febreiro cumpriranse catro anos desde o inicio da invasión rusa en territorio ucraíno. O que prometía ser unha operación lóstrego converteuse co tempo nunha guerra de trincheiras onde ningún dos dous Estados cede nin un só palmo de terreo. Cun proceso de paz en cernes, as distancias entre Rusia e Ucraína son aínda moi grandes para establecer un armisticio. Neste contexto, España, que mostrou a súa solidariedade co pobo ucraíno desde o primeiro día, anunciou unn novo paquete de axudas durante a visita do primeiro ministro ucraíno, Volodímir Zelenski, o pasado mes de novembro.
Foi Pedro Sánchez o encargado de anunciar a mobilización de 817 millóns de euro a fin de reforzar a defensa do país e acelerar a súa reconstrución tras máis de tres anos de combates intensos, sobre todo nos territorios máis próximos a Rusia. Practicamente tres cuartas partes dese envío, ao redor de 615 millóns de euros, integran o paquete de apoio militar, con sistemas de defensa antiaérea, anti-drones e equipamento defensivo para as tropas ucraínas, moitas das cales se desprazan sobre o terreo en blindados fabricados en Pontevedra e co selo 'Galicia Calidade'.
DE VALGA Ao DOMBÁS
Trátase dos VAMTAC ST5, vehículos militares fabricados na planta de Uroovesa en Valga e que foron enviados a Ucraína como parte do programa de soporte bélico. No outono de 2024, despois de que Margarita Robles visitase as instalacións da planta pontevedresa, enviáronse vehículos feitos en Galicia a integrar a flota ucraína.
Trátase de vehículos que contan con configuracións que se poden adecuar ás necesidades de cada brigada, de maneira que poden ter función de ambulancia ou antitanque, por exemplo. No entanto, e a pesar das súas capacidades e versatilidade, foron obxectivo dos drones rusos, especialmente no Dombás, onde é máis forte a presenza das forzas invasoras.
ACORDO CON DEFENSA
A principios de 2026 espérase que unha nova remesa deste Vehículo Multipropósito Lixeiro Táctico (VLTT) sexan entregados para o seu uso no Exército de Terra, en Infantaría de Mariña e no Exército do Aire, unidades que empregan con frecuencia estes vehículos nas súas diferentes versións e que xa o despregaron noutros territorios, como o norte de África ou Oriente Próximo.
Os VAMTAC, dos que a empresa produce ao redor de 500 unidades anuais e conta cunha facturación que supera os 100 millóns de euros, son a xoia da coroa da compañía en Valga, pero non a súa única fortaleza. Para este ano que entra entregaranse os primeiros prototipos de Vehículos de Exploración e Recoñecemento Terrestre (VERT) incluído no Plan Industrial e Tecnolóxico para a Seguridade e a Defensa (PITSD), por un montante que superará os 300 millóns de euros.
"A previsión é que seguramente imos estar entregando os primeiros prototipos no ano que vén, despois irá unha fase de preserie e acabaremos cunha intensidade maior de subministracións nos anos 2029-2030", detallou entón o presidente de Urovesa, Xusto Sierra.
"Quero agradecer, moi especialmente a Urovesa, e a todos os traballadores, o esforzo e a dedicación que pon. O compromiso do Ministerio de Defensa é o de seguir investindo nos plans industriais para crear emprego. Para Galicia, desde logo, isto é unha industria", manifestou Carballos na súa última visita, onde puxo en valor que "investigación e desenvolvemento", "formación e sinerxías con universidades" ou "atracción de talento" sexan elementos que "vemos claramente en Urovesa", considerando tamén o papel crave que xoga Navantia á hora de incorporar moitos dos sistemas que incorporan os transportes.
Pola súa banda, o delegado do Goberno, Pedro Blanco, concluíu que a seguridade "é unha tarefa compartida e colectiva, só coa suma dos esforzos públicos e privados poderemos garantir unha Galicia máis segura e preparada para o futuro".
Escribe o teu comentario