A decisión do SERGAS de pechar o servizo de paritorios do Hospital de Verín espertou o rexeitamento das plataformas en defensa da sanidade pública e dos grupos da oposición do Parlamento de Galicia. Todos eles conclúen que esta política de recortes responde o "desmantelamento" da sanidade pública e piden o cesamento de Ruibal á fronte da xerencia do SERGAS en Ourense.
Ademais, reclaman que un de cada catro euros do SERGAS vaia a Atención Primaria, aínda que non inmediatamente, pero si cun incremento mínimo anual de 3 puntos porcentuais.Por agora ningunha das grandes organizacións sindicais do sector apoiou a convocatoria de AAS. A Xunta e os sindicatos colaboran desde hai meses nun plan de mellora de Atención Primaria que desde a AAS consideran non deu froitos.
Mentres isto sucedía, 206 persoas de TODOS os estamentos da Atención Primaria levan traballando 6 meses nas 15 Comisións Técnicas creadas pola Consellería de Sanidade no marco da Mesa de Diálogo solicitada polos Sindicatos e o Comité de Folga, en abril do 2019: o chamado Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia.
O ano pasado os dous centros hospitalarios vigueses sufriron os efectos da epidemia de gripe, que desbordou por completo a capacidade da área sanitaria olívica para absorber tal cantidade de pacientes, como ocorreu noutras áreas galegas. Aínda que hai outros aspectos que sen dúbida xogan un papel fundamental á hora de facer fronte a estes colapsos, que os profesionais e pacientes conten cun bo número de camas e en boas condicións xa é significativo.
Segundo o seu cómputo, o Servizo de Radioloxía sumou 4 especialistas máis entre 2018 e 2019.Pola contra, o grupo de usuarios asegura que o Servizo se mantén á boia grazas ás 'peonadas', as horas extra que agora din que non farán máis os traballadores. A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago súmase " ás demandas dos sindicatos do centro e do persoal do servizo" para que se aumenten os recursos humanos.
Unhas 300 persoas manifestáronse este xoves en Vigo contra a venda do hospital Povisa a Ribera Salud (da norteamericana Centene) e para esixir á Xunta de Galicia que adquira o centro sanitario e así "defender a calidade asistencial e os postos de traballo".
De acordo á vesión do principal sindicato do sector, tras coller unha baixa e comprobarse que coa súa lumbalxia non podía cargar ela soa cos enfermos, foi despedida no canto de buscar unha solución alternativa.A condena obriga á empresa castelá a pagarlle máis de 6.200 euros por danos morais a demais dos salarios que lle corresponderían desde 2017.Por agora, nin o SERGAS nin Ambuibérica valoraron a sentenza.