Algunhas gasolineiras poden pechar de seguir esta alza de prezos, advirte patronal galega


As consecuencias da invasión de Rusia a Ucraína déixanse notar por toda a economía. A pesca empeza a parar, as industrias electrointensivas deteñen a súa produción, escasea o aceite primordial para as conserveiras, os transportistas advirten de desabastecementos, os gandeiros enfróntanse a unha primavera sen pensos e agora son os empresarios das estacións de servizo os que lanzan alértana que non poden aguantar vendendo a perdas.   




|

As consecuencias da invasión de Rusia a Ucraína déixanse notar por toda a economía. A pesca empeza a parar, as industrias electrointensivas deteñen a súa produción, escasea o aceite primordial para as conserveiras, os transportistas advirten de desabastecementos, os gandeiros enfróntanse a unha primavera sen pensos e agora son os empresarios das estacións de servizo os que lanzan alértana que non poden aguantar vendendo a perdas.   


Presentación dun informe de Fegaes sobre o prezo dos carburantes

Unha pasada rolda de prensa de FEGAES


Os operadores de gasolineiras están desesperados porque ven perigar o seu negocio. Por iso, o presidente da patronal FEGAES (Federación  Galega de Estacións de Servizo), Julio López, convocou a empresarios de toda Galicia a unha reunión de urxencia esta tarde en Santiago de Compostel.


A súa advertencia  é que moitos deles ven obrigados a reducir as súas marxes a cero, outros á metade, porque se medisen os seus prezos con marxes normais non estarían a vender directamente. 



Os empresarios alegan que entraron nunha espiral esta semana cando non puideron recadar o suficiente para comprar combustible ao prezo do día seguinte. Fara Pérez Bellido, presidenta da Asociación de Estacións de Servizo de Ourense, explícao contundente: "estamos a vender cunha marxe mínima e con moitos custos. O diñeiro que xeras coas vendas que compraches o luns non che dá para pagar o seguinte pedido coa tendencia de prezos”.


" O meu prezo de compra hoxe é 1,936 e estou a vender en 1,899, 40 céntimos por baixo do prezo real".


Avelino Couselo, vicepresidente da Asociación de Estacións de Servizo  de Pontevedra,   exprésase en termos semellantes ao dicir que tivo a peor semana da súa vida profesional, vendendo a perdas." O meu prezo de compra hoxe é 1,936 e estou a vender en 1,899, 40 céntimos por baixo do prezo real". 


PRESIÓN Ao GOBERNO


Pola súa banda, o presidente de FEGAES,  Julio López, advirte que a situación é insostible a medio plazou. Na mesma liña, o presidente da Asociación de Gasolineiras de Pontevedra , Benigno Redondo -que tamén é representante de Galicia no consello de administración da Confederación de Gasolineiras de España (CEES)- dixo que non sabe canto tempo poden aguantar así.


Redondo lembrou que pediron ao goberno español que reduza temporalmente o IVE, pero ata o momento esta solicitude non prosperou. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE