Deteñen a Daniel Irima, portavoz do PSOE en Cospeito, acusado de agredir á súa parella nunha voda
Axentes da Garda Civil detiveron ao edil na madrugada do domingo acusado de empuxar á súa parella nuns festexos en Vilalba.
O portavoz do PSOE no municipio lucense de Cospeito, Daniel Irimia, foi detido por axentes da Garda Civil a madrugada do domingo acusado de empuxar á súa parella nunha voda que se celebraba en Vilalba (Lugo).
Segundo fontes consultadas por Europa Press, Irimia foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero e atópase á espera de pasar a disposición xudicial.
Os feitos sucederon a última hora da festa cando, ao parecer, o portavoz socialista habería empuxado á súa parella, que caeu ao solo. Tras iso, unha patrulla da Garda Civil desprazouse ao lugar do enlace e procedeu á detención do home, que foi trasladado a dependencias policiais.
Escribe o teu comentario