​Arquivada a causa contra a Xunta pola adxudicación de helicópteros contra incendios

O xuíz cre que a decisión foi "ponderada e adecuada", dada a urxencia da adxudicación que non foi de todo regular.


|

Helicopteros inaer couto quintanaTomás Fernández-Couto, con Rosa Quintana en 2012. Foto: Xunta.gal

O titular do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, Andrés Lago, acordou o sobresemento provisional e arquivo das actuacións contra o responsable forestal da Xunta, Tomás Fernández-Couto, ao ver "unha decisión ponderada e adecuada" a que este tomou en 2012 para adxudicar á empresa Inaer o servizo de helicópteros contra incendios na comunidade.


O auto ao que tivo acceso Europa Press ten data do pasado 10 de xaneiro e establece que a adxudicación dos helicópteros foi unha decisión "ponderada e adecuada" para "a preservación do interese xeral". Ademais, engade que "non pode considerarse caprichosa ou arbitraria".


"A necesidade de actuar non só era necesaria, senón tamén perentoria e urxente co fin de preservar non só os recursos naturais, senón tamén a seguridade das persoas", destaca o maxistrado.


Nega así que o encargo a Inaer fose "unha decisión ilóxica ou arbitraria", para o que tamén argumenta que "unha vez superada a dita campaña", a de 2012, "procedeuse á tramitación ordinaria da contratación do amentado servizo para campañas futuras".


Entón, segundo agrega, as "esixencias legais foron respectadas", o que, en opinión do xuíz, "arrumba calquera posible sospeita de ilegalidade ou parcialidad na dita adxudicación".


"CARECE DA COBERTURA CONTRACTUAL"


Con todo, ao comezo do auto, Lago constata que a adxudicación "carece da cobertura contractual que, en situación de normalidade, debería existir".


Pero, determinando se tal encomenda "carente de cobertura contractual obedece ao mero capricho ou arbitrariedade ou, pola contra, posúe unha xustificación obxectiva e racional", conclúe o segundo.


Neste punto, explica o xuíz que "non é suficiente con constatar unha mera ilegalidade senón que --subliña-- é preciso demostrar ademais, polo menos indiciariamente, que tal infracción normativa foi consciente, intencionada e buscada". E apunta que o "control e consecuencias" da "mera ilegalidade administrativa" han de ser "revisadas prioritariamente pola xurisdición contenciosa".


Pola súa banda, o titular do xulgado sentencia que "non se pode concluír que neste caso existan indicios suficientes para poder apreciar un delito de prevaricación administrativa".


FISCALÍA ESTUDA SE RECORRE


Mentres, a Fiscalía, que presentou unha denuncia en 2013 pola que se iniciou a instrución, estuda se recorrerá ou non a decisión do xuíz de arquivar a investigación.


A instrución iniciouse tras unha denuncia presentada pola Fiscalía no ano 2013. Ademais de Fernández-Couto --que xa declarou como investigado en abril-- estaban investigados o ex secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural Francisco José Vidal Pardo e o ex subdirector xeral de prevención contra incendios José Carlos Costas López, nos que o xuíz non ve que ostentasen "facultades decisorias", polo que descarta a súa responsabilidade.


En agosto de 2012, a CIG presentou ante a Fiscalía denuncia por adxudicación a Inaer dos helicópteros polo que consideraba un delito de prevaricación ao non chegar a Xunta a publicar o concurso á que "adxudicou a dedo un contrato de 6,6 millóns de euros sen o procedemento requirido". Tras iso, Fiscalía presentou querela no xulgado en 2013.


relacionada Os socialistas reclaman unha auditoría externa dos helicópteros contra incendios
relacionada Remata o período de alto risco de incendios coa Xunta investigada por irregularidades
relacionada A Fiscalía denunciou o "quebranto" da "publicidade e legalidade" nos contratos de helicópteros
relacionada Tomás Fernández-Couto, imputado pola adxudicación "sen transparencia" dos helicópteros antiincendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE