Pediatras e médicos de familia do SERGAS convocados á folga esta semana para lograr máis recursos nos centros de saúde
Ademais, reclaman que un de cada catro euros do SERGAS vaia a Atención Primaria, aínda que non inmediatamente, pero si cun incremento mínimo anual de 3 puntos porcentuais.Por agora ningunha das grandes organizacións sindicais do sector apoiou a convocatoria de AAS. A Xunta e os sindicatos colaboran desde hai meses nun plan de mellora de Atención Primaria que desde a AAS consideran non deu froitos.
"Carencia de recursos", "mala xestión" e "falta de decisión" da Xunta á hora de aplicar as recomendacións internacionais sobre Atención Primaria. Estes son algúns dos motivos que enarbora a Asemblea de Áreas Sanitarias (AAS) para convocar a súa folga entre os pediatras e médicos de familia de os centros de saúde do SERGAS para o mércores 27 e o xoves 28. Paro que será presentado mañá en rolda de prensa no Colexio Oficial de Médicos de Santiago.
Entre as reivindicacións concretas dos folguistas está a "cobertura do 100% das ausencias de todas as categorías". E é que é común que as baixas de galenos nos centros de saúde non se cubran salvo casos graves ou de moito tempo, pasando os pacientes a seren atendidos polos seus xa saturados compañeiros. Ante isto, os folguistas reclaman unha "limitación de 30 citas por día".
Unha pasada mobilización en favor da Atencion Primaria do SERGAS
Os convocantes tamén piden que o SERGAS cubra xa todas as prazas vacantes mediante unha Oferta Pública de Emprego (OPE) para acabar coa precariedade. Ademais, reclaman que un de cada catro euros do SERGAS vaia a Atención Primaria, aínda que non inmediatamente, pero si cun incremento mínimo anual de 3 puntos porcentuais.
Por agora ningunha das grandes organizacións sindicais do sector apoiou a convocatoria de AAS. A Xunta e os sindicatos colaboran desde hai meses nun plan de mellora de Atención Primaria que desde a AAS consideran non deu froitos.
Escribe o teu comentario