Caldas de Reis terá un novo centro de saúde se o goberno local facilita un terreo adecuado
A consellería de Sanidade informou de que iniciará a licitación do novo centro de saúde de Caldas de Reis, en Pontevedra, en canto o Concello poña á súa disposición unha parcela que cumpra os requisitos necesarios para a construción.

O conselleiro Vázquez Almuiña
Así llo trasladou o titular de Sanidade nunha reunión mantida na mañá deste venres co alcalde de Caldas de Reis,
Juan Manuel Rey Rey.Vázquez Almuiña destacou que a construción desta instalación sanitaria para o concello caldense é unha das prioridades do departamento que dirixe.
En concreto, conforme indicou o conselleiro, o terreo deberá ter unha superficie edificable de polo menos 3.000 metros cadrados para acoller o centro de saúde e o aparcamento en superficie.
Ademais, deberá contar tamén cos accesos necesarios tanto para o tráfico rodado como para peóns para o acceso desde o núcleo urbano ata o centro de saúde.
A Xunta destacou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten planificada unha substancial mellora dos recursos de Atención Primaria en Caldas de Reis, que se referendaría coa construción deste centro de saúde.
Escribe o teu comentario