Queixa por falta de persoal en Radioloxía do CHUS, que o SERGAS nega

Segundo o seu cómputo, o Servizo de Radioloxía sumou 4 especialistas máis entre 2018 e 2019.Pola contra, o grupo de usuarios asegura que o Servizo se mantén á boia grazas ás 'peonadas', as horas extra que agora din que non farán máis os traballadores. A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago súmase " ás demandas dos sindicatos do centro e do persoal do servizo" para que se aumenten os recursos humanos.


|

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou hoxe "carencias na dotación de profesionais en radiodiagnóstico". Uns supostos problemas que a Xerencia do Sergas na área de Santiago de Compostela desminte en declaracións a Galiciapress.


En concreto, o grupo de usuarios indica que o hospital de Santiago carece de "unha garda específica de vascular-intervencionismo", que si dispoñen outras áreas sanitarias. A Asociación engade que o SERGAS incumpre un acordo previo "para incoporar os profesionais necesarios para poñer ao dispor de todos os pacientes as máquinas cedidas por Medtronic".


Clínico, CHUS



A CUESTIÓN DAS HORAS EXTRAS

De acordo á súa versión, os especialistas deixarán de facer 'peonadas' en novembro, o que retardará unha lista de espera para probas de imaxes que cifran en "12 pacientes" nesta área Sanitaria.


A XUNTA DI QUE HAI MÁIS ESPECIALISTAS AGORA

"A nota contén información errónea" responden fontes oficiais do CHUS consultadas por esta redacción. Desde a Xunta argumentan que "respecto a a garda de radioloxía intervencionista non houbo diminución, máis ben incrementouse o tempo de dispoñibilidade coa incorporación dun radiólogo vascular". Segundo o seu cómputo, o Servizo de Radioloxía sumou 4 especialistas máis entre 2018 e 2019.


Pola contra, o grupo de usuarios asegura que o Servizo se mantén á boia grazas ás 'peonadas', as horas extra que agora din que non farán máis os traballadores. A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago súmase " ás demandas dos sindicatos do centro e do persoal do servizo" para que se aumenten os recursos humanos. Ademais, animan aos pacientes para trasladarlles as súas queixas por email.


Sanidade rebate que "a demora xeral para probas diagnósticas no CHUS experimentou un significativo descenso respecto a anos anteriores e é, de entre os grandes hospitais galegos, o que menor tempo de espera e pacientes en espera rexistra". Nega ademais que, como din os críticos, se  beneficie a algunhas especialidades sobre outras por "razóns de índole política". Pola contra, aseguran que os recursos se distribúen "en función da prioridade e adecuación ás necesidades" dos enfermos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE