Óliver Laxe proxecta 'Sirat' xunto aos seus veciños en Navia de Suarna

Cabe lembrar que Laxe se fixo este sábado co premio do Xurado do festival de Cannes por esta película, compartindo o galardón 'ex aequo' coa directora alemá Mascha Shilinzki pola súa filme 'Sound of Falling'.
 


|

 

Oliver Laxe en l rueda de prena de Sita en Cannes
Oliver Laxe en l roda de prena de Sita en Cannes

 

O director galego Oliver Laxe proxectou a súa película 'Sirat' este domingo en Navia de Suarna, localidade lucense na que estreou o seu último traballo xunto aos seus veciños.

Neste contexto, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, agradeceu ao cineasta naviego "por levar o nome de Navia e da provincia Lugo tan alto".

"Tamén por lembrar que desde aquí tamén se pode soñar en grande. O seu traballo dálle forza ao noso rural, a neustro idioma e á nosa forma de estar no mundo", subliñou a deputada.
 

 

 


Cabe lembrar que Laxe se fixo este sábado co premio do Xurado do festival de Cannes por esta película, compartindo o galardón 'ex aequo' coa directora alemá Mascha Shilinzki pola súa filme 'Sound of Falling'.

A cinta do galego, unha coprodución española e francesa, figuraba como unha das favoritas e conta como un home (Sergi López) e o seu fillo (Bruno Núñez) chegan a unha rave perdida no medio das montañas do sur de Marrocos.

Alí chegan en busca de Mar, a súa filla e irmá, desaparecida hai meses nunha desas festas sen amencer, onde reparten a súa foto unha e outra vez rodeados de música electrónica e onde deciden seguir a un grupo de raveros na procura dunha última festa que se celebrará no deserto, onde esperan atopar á moza desaparecida.

Tras o seu paso polo Festival de Cannes, a película estrearase nos cines de España o próximo 6 de xuño distribuída por Bteam Pictures.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE