Chegará o tren do Corredor Atlántico a Vigo? Un mapa de Fomento di que non pero Caballero di que si

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou este martes unha mensaxe de tranquilidade aos empresarios e ao Porto porque, segundo explicou, conta coa "garantía" da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Beira, de que se fará o Corredor Atlántico de Mercadorías e terá conexión coa terminal olívica.

|

Un erro cometido por un cargo "moi menor" de ADIF que xa desautorizou a presidenta. Así explica o alcalde de Vigo o mapa da discordia.


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, enviou este martes unha mensaxe de tranquilidade aos empresarios e ao Porto porque, segundo explicou, conta coa "garantía" da presidenta de Adif, Isabel Pardo de Beira, de que se fará o Corredor Atlántico de Mercadorías e terá conexión coa terminal olívica. Na web oficial de Fomento si aparece a discutida ligazón con Vigo.


Mapa dos corredores ferroviarios mostrado por un cargo de ADIF

Mapa dos corredores ferroviarios mostrado por un cargo de ADIF 


O rexedor olívico ha feito esta afirmación despois da denuncia pública realizada polo presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga (e á que se sumaron axentes económicos e políticos), acerca da ausencia de Vigo nun mapa de infraestruturas loxísticas ferroviarias que un xefe de área de Adif presentou nun acto con empresarios en Tánxer hai uns días.


EXPLICACIÓNS DO EDIL DO PSOE

Segundo sinalou Abel Caballero, ese mapa foi presentado por "un cargo moi menor de Adif" pero, en todo caso, afirmou que, tras contactar coa presidenta do administrador de infraestruturas ferroviarias, esta deulle "garantías totais de que o mapa do Corredor de Mercadorías inclúe o Atlántico e o porto de Vigo, e é unha prioridade de Adif". "O que estraña é que non o incluíu xa o Goberno de Rajoy", engadiu.


"Quero tranquilizar aos empresarios e ao Porto, porque quen presentou isto foi un cargo menor de Adif e, era unha parte do plano", sinalou o alcalde, que lembrou que, a pesar de que Vigo necesita "imperiosamente" ese corredor de mercadorías, non é esta a primeira prioridade ferroviaria da cidade.

A máis importante demanda de Vigo nesta materia é, segundo o alcalde, o AVE directo a Madrid por Cerdedo. "Esa é a nosa primeira prioridade e aí imos estar inflexibles", sentenciou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE