O futuro da Atención Primaria en Galicia

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

O día 13 de novembro, presentouse na Consellería de Sanidade un “documento”, titulado “Por unha Atención Primaria vertebradora do sistema de saúde. Documento estratéxico e de xestión (novembro 2019)”. Este documento, en español, foi presentado por varios “expertos”, dunha “comisión” encargada pola Consellería de Sanidade a 16 persoas, entre elas a Rafael Bengoa (vasco) e Jordi Varela (catalán). Estas 16  persoas foron elixidas polos Colexios Médicos de Galicia e as Sociedades Científicas (algunhas…). A validez das persoas en cuestión ninguén a pon en dúbida. En palabras do Sr. Antonio Fernández Campa, Xerente do SERGAS (segundo da Consellería de Sanidade) este informe “non é vinculante” (non sabemos se contou con algún orzamento por parte da Consellería, pero preguntarémolo no Parlamento).


Mentres isto sucedía, 206 persoas de TODOS os estamentos da Atención Primaria levan traballando 6 meses nas 15 Comisións Técnicas creadas pola Consellería de Sanidade no marco da Mesa de Diálogo solicitada polos Sindicatos e o Comité de Folga, en abril do 2019: o chamado Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia. O obxectivo fundamental destas Comisións Sectoriais é crear un marco de diálogo que nos levará a un Novo Modelo de Atención Primaria en Galicia, que será capaz de resolver os  gravísimos problemas denunciados polos profesionais e os sindicatos (…e organizacións veciñais, organizacións científicas, organizacións sociais, organizacións de enferm@s, de familiares de enfermos, organizacións políticas, etc.. en xeral, calquera que teña que facer uso do Sistema Sanitario Gallego en AP, que ben sabe o mal que está).


Durante os últimos anos, os gobernos do Partido Popular en Galicia, da man do Sr. Feijoo, foron deteriorando a AP en Galicia, deixando de investir o que deberían, sobre todo en persoal. Por moito que aumenten o investido o ano anterior, non compensa, nin de lonxe, o orzamento que tiñamos en 2009. A  Taxa de Reposición mal entendida levou a un déficit de profesionais no Sistema que masificó as consultas e dificultou o acceso a atención dos enfermos. A AP deteriórase día a día, e así, o PP ten a desculpa para PRIVATIZAR os servizos máis rendibles para a xente próxima o PP. Primeiro non invistes, logo deteriorar e, por fin, vender. A comorbilidad e a mortalidade que estamos a ver como consecuencia da deterioración son evidentes. A resposta da administración é un Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, un documento de “expertos” e o Consello Técnico de AP.


Ten sentido que tres organismos diferentes estean a traballar, en teoría, para o mesmo. A táctica do “DIVIDE E VENCERÁS” que sempre tivo bos resultados para o PP no pasado, en temas sanitarios, xa non coa. A xente sabe que as Comisións Sectoriais do consello Técnico están a traballar duro...e ben. A Carteira de Servizos de cada categoría na AP está elaborada. O Mapa de Competencias, tamén. As suxerencias para resolver os problemas do día a día...tamén. A pregunta do millón é: fará caso a administración o que di o Consello Técnico? Poñerá en marcha as medidas que no documento expóñense? Teremos a posibilidade, ENTRE  TOD@S, de ter un Novo Modelo de AP en Galicia, en breve, ACORDADO por e para Galicia?


O día 4 de decembro do 2019, teremos unha nova reunión do Consello Técnico de AP. Nela, esperamos o documento en cuestión e o caso que nos fixo a Consellería de Sanidade.


Xogámonos moito. As organizacións que pretendemos un Novo Modelo de AP, estamos vixiantes. Temos sobre a mesa a realización de mobilizacións, en breve, aínda que esperaremos o resultado do documento que elabore a Consellería de Sanidade a partir dos traballos das Comisións Técnicas e actuaremos en consecuencia. Vai moito nisto, empezando polo futuro da Atención Primaria e da Sanidade Pública en Galicia. Depende de TOD@S, de nós tamén, pero sobre todo da administración.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE