Anulado despedimento dunha traballadora con lumbalxia por "cargar ela soa con pacientes" en ambulancias do 061, informa CIG

De acordo á vesión do principal sindicato do sector, tras coller unha baixa e comprobarse que coa súa lumbalxia non podía  cargar ela soa cos enfermos, foi despedida no canto de buscar unha solución alternativa.A condena obriga á empresa castelá a pagarlle máis de 6.200 euros por danos morais a demais dos salarios que lle corresponderían desde 2017.Por agora, nin o SERGAS nin Ambuibérica valoraron a sentenza. 


|

O sindicato CIG informa que a Xustiza obriga a readmitir a unha traballadora de Ambuibérica. Trátase dunha das maiores empresas de ambulancias do país e unha das principais subcontratas do 061 da Xunta.


Ambulancia061ambuiberica


En concreto, trátase dunha operaria da comarca do Barbanza que "sufriu varios accidentes laborais derivados de cargar ela soa con pacientes". De acordo á vesión do principal sindicato do sector, tras coller unha baixa e comprobarse que coa súa lumbalxia non podía  cargar ela soa cos enfermos, foi despedida no canto de buscar unha solución alternativa.


A condena obriga á empresa castelá a pagarlle máis de 6.200 euros por danos morais a demais dos salarios que lle corresponderían desde 2017.


Por agora, nin o SERGAS nin Ambuibérica valoraron a sentenza. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE