A análise municipal das últimas cifras do coronavirus en Galicia mostra un empeoramento xeral. Destaca a brusca subida en Vigo, unha cidade que contivera a pandemia en decembro. Santiago segue sendo a urbe con peor incidencia acumulada.
Mentres o número de contagios en Galicia segue disparado despois do Nadal, a situación na UCI do CHUS segue sendo preocupante para a Asociación de Usuarios e Pacientes, que denuncian a deterioración da unidade e a urxente necesidade de acometer unhas obras que levan moito tempo demorandose.
A análise xeográfica das últimas cifras do coronavirus en Galicia confirma o empeoramento xeneralizado, mesmo en Pontevedra, a área que menos mal se estaba comportando. A Mariña, Val Miñor, A Limia, Verín, O Barbanza, Santiago, A Costa da Morte, Ortegal, Arzúa e Melide son algunhas das comarcas que xa teñen a maioría dos seus municipios en nivel de risco extremo.
Os casos activos --pacientes que aínda padecen a enfermidade--, confirman o seu crecemento exponencial e son xa 7.795, 403 máis dos que había o sábado e 906 máis respecto a as cifras do venres.A da Coruña-Cee continúa como a que ten máis enfermos de covid, con 1.831, tras ascender en 135 nas últimas 24 horas.
A análise xeográfica dos últimos datos do coronavirus mostra unha alza case xeral, coa excepción de Pontevedra e a súa comarca. A Mariña, Santiago, O Barbanza e A Raia Seca son algunhas das áreas con máis municipios no máximo nivel de alerta posible.
O caso confirmado e os sete casos sospeitosos coinciden coas zonas nas que máis crecrió onte o coronavirus, A Coruña, Santiago e A Mariña.
Son 441 positivos máis nun día, a maior cifra en todo decembro e a maior cifra en máis dun mes.
Lugo e Ferrol son as dúas únicas áreas sanitarias cun descenso claro da súa curva.Vigo, a área con máis poboación do país, é a que máis positivos achega hoxe, 82 dos 299.
A análise xeográfica dos últimos datos do covid-19 debuxa un panorama dispar. A mellora é evidente en case toda a provincia de Lugo e na comarca da Coruña. Pola contra, seguen subindo os positivos nas comarcas de Santiago, Arousa e O Barbanza.
As dúas entidades colaboran de forma estreita para levar a todos os fogares da capital galega a posibilidade de que os máis pequenos poidan realizar prácticas deportivas con independencia da súa situación económica.
As últimas cifras certifican o contrataque da pandemia en Galicia. Empeoramento xeneral, con todas as áreas sanitarias aumentando en casos activos. Ademais, seguen subindo as incidencias acumuladas. tras o paréntese de onte.
A situación epidemiolóxica en Galicia continúa sendo moi dispar. A maioría de municipios rurais de Lugo e Ourense xa recuperaron niveis de "nova normalidade", con menos de 25 positivos en dúas semanas por cada 100.000 habitantes (en verde no mapa).
As últimas cifras do coronavirus son moi ambivalentes. Por unha banda, a mala noticia de que por segundo día seguido os diagnósticos superan ás altas. Doutra banda, a cifra de positivos é a máis baixa desde principios de noviembro. Bo dato o día no que se reúnen os expertos do SERGAS para decidir o plan para Nadal e, posiblemente, novos alivios. Alivios que están en cuestión, ante o repunte nas cidades que primeiro desperimetraron, Compostela e Ourense. Hoxe Santiago lidera os ascensos en Galicia.