​A saúde mental e o drama dos suicidios, o terrible síntoma dunha sociedade enferma

André Abeledo Fernández

André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xuño de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña.


Son os pobres os que non se poden permitir que o psicólogo ou psiquiatra de pago. 


Unha sociedade donde a tasa de mortes por suicidio triplica a das mortes en accidentes de tráfico, é unha sociedade enferma e insana.  Pero cando ademáis esa sociedade dá as costas ó problema e non tenta por tódolos medios de buscar unha solución, xa non sólo é unha sociedade enferma e insana, tamén é unha sociedade sin empatía dirixida por psicopatas.


Non falar do tema e esconder esta dramática situación, non fai que o drama desapareza, esconder os problemas debaixo da alfombra non é unha solución. 


Traballadores sobre explotados e cheos de incertidumbre, parados de longa duración sin esperanza, familias endebedadas, destrozadas pola crise, desafiuzamentos, inxustizas e abusos por doquier son o caldo de cultivo da enfermidade física e mental.


A esto debemos sumar os recortes nunha sanidade xa ó límite, unha sanidade donde a saúde mental sempre foi de terceira categoría e unha Pandemia que o ten complicado todo aínda máis. 

Agora que supostamente temos un goberno de progreso é hora de apostar por unha sanidade pública de calidade e con recursos, é urxente invertir en saúde mental.



De non facelo, de seguir escondendo e ocultando o problema, o drama dos suicidios e dos enfermos mentais, entón xa non falaríamos dun problema de saúde, senón dun xenocidio encuberto, porque a saúde tamén vai por clases sociais,  é o pobre quen non se pode permitir o psicólogo ou o psiquiatra de pago.



Cartel nun un Centro de Saúde chama a non acudir durante a pandemia nunha foto de arquivo


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE