Primeiro caso confirmado da cepa do covid máis contaxiosa e outra media ducia sospeitosos

O caso confirmado e os sete casos sospeitosos coinciden coas zonas nas que máis crecrió onte o coronavirus, A Coruña, Santiago e A Mariña.


|

O caso confirmado e os sete casos sospeitosos da variante británica coinciden coas zonas nas que máis aumentou onte o coronavirus en Galicia, A Coruña, Santiago e A Mariña.


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou un caso da cepa británica nunha paciente da área sanitaria de Santiago procedente do Reino Unido.

Segundo explicou a mañá deste mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, outro caso en Galicia segue en estudo, así como outros seis na zona da Mariña Lucense.


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Comesaña



En relación aos casos en estudo na Mariña Lucense, trátase dun grupo familiar de cinco persoas de orixe inglesa, ademais dunha sexta persoa que é un contacto estreito.

Na Mariña Lucense é onde hoxe lla produciu un dos maiores ascensos de positivos, en concreto en Xove. Tamén Santiago é outro os municpios con maior alza hoxe.


Hai dous días o SERGAS indicou a Galiciapress que non tiña identificado ningún paciente con esta cepa, aínda que había casos en estudo. Onte o conselleiro indicou que había varios casos en estudo na Coruña e A Mariña.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE