​Viaqua e Cruz Vermella dotan de material deportivo aos nenos e nenas de Compostela con menos recursos

As dúas entidades colaboran de forma estreita para levar a todos os fogares da capital galega a posibilidade de que os máis pequenos poidan realizar prácticas deportivas con independencia da súa situación económica. 


|

As dúas entidades colaboran de forma estreita para levar a todos os fogares da capital galega a posibilidade de que os máis pequenos poidan realizar prácticas deportivas con independencia da súa situación económica.


Esta mañá, Viaqua entregou á Cruz Vermella de Santiago un donativo para tentar paliar estas carencias, detectadas pola Cruz Vermella hai xa varios meses.


Entrega donativo Viaqua Cruz Vermella 2020



Esta é unha das moitas iniciativas que as dúas entidades levaron a cabo de forma conxunta, nunha alianza na que en 2018 Viaqua comprometeuse “a colaborar na participación de plans de formación; accións de sensibilización sobre igualdade, a non discriminación e a xeración de mercados inclusivos; a celebración de días conmemorativos de forma conxunta; a organizar visitas guiadas as instalacións xestionadas pola empresa en Santiago e a potenciar o voluntariado corporativo, entre o seu cadro de persoal, en accións e proxectos de Cruz Vermella”.


A iniciativa ‘Cruz Vermella Responde’ para atender a persoas en situación de vulnerabilidade por mor da pandemia da COVID-19 foi outra dos proxectos desenvolvidos este ano, así como a participación do persoal de Viaqua no Sorteo de Ouro de Cruz Vermella.


No acto de entrega participaron a xerente de Viaqua en Santiago, Ana Tejeiro, o Presidente de Cruz Vermella, José Luis Barreiro, e a Coordinadora de Cruz Vermella en Santiago, Rocío Ovalle.


“Viaqua segue apostando por ir máis aló de xestionar un servizo público, para ser unha empresa que achega valor á sociedade a través de iniciativas propias e mediante alianzas. Dentro do Plan Estratéxico de Desenvolvemento Sostible (2017-2021) de Viaqua, a empresa comprométese a contribuír ao alcance dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcados pola ONU mediante accións concretas e medibles”, recalca a entidade no seu comunicado. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE