270 persoas poderán presenciar a apertura da Porta Santa con invitación previa

Un total de 270 persoas poderán asistir ao acto de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago que terá o próximo día 31 de decembro e que dará arranque ás celebracións do Ano Santo.

|

A poucos días para ao apertura da Porta Santa e o inicio do Ano Santo, o Concello de Santiago comunicou o "aforo" permitido para o acto.


O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, explicou que as persoas interesadas en asistir a este acto terán que recoller unha invitación no Teatro Principal a partir deste martes. 


Imaxe de arquivo sobre a apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela


Un total de 270 persoas poderán asistir ao acto de apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago que terá o próximo día 31 de decembro e que dará arranque ás celebracións do Ano Santo.

Diso informou este luns o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que explicou que as persoas interesadas en asistir a este acto terán que recoller unha invitación no Teatro Principal, que estarán dispoñibles en despacho de billetes a partir deste martes en horario de 18,00 a 21,00 horas.

Bugallo, que precisou que o número de asistentes poderase recudir en caso en que haxa que aumentar as restricións sanitarias, explicou que os asistentes deberán identificarse e deixar os seus datos de contacto.

Precisamente, preguntado sobre se prevé que o comité clínico decida este luns un aumento das restricións, o rexedor afirmou que aínda que "non ten información" sobre iso nin lle corresponde a el anticipalo, "os datos" de contagios na cidade "non son satisfactorios".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE