Covid por concellos: Santiago e Ribeira os que máis empeoran, Vigo e Redondela os que máis melloran


A situación epidemiolóxica en Galicia continúa sendo moi dispar. A maioría de municipios rurais de Lugo e Ourense xa recuperaron niveis de "nova normalidade", con menos de 25 positivos en dúas semanas por cada 100.000 habitantes (en verde no mapa). 


|

A situación epidemiolóxica en Galicia continúa sendo moi dispar. A maioría de municipios rurais de Lugo e Ourense xa recuperaron niveis de "nova normalidade", con menos de 25 positivos en dúas semanas por cada 100.000 habitantes (en verde no mapa)

Non pasa o mesmo en ningunha cidade ou vila importante. De feito, a situación de urbes como Santiago ou vilas como As Pontes ou Ribeira segue agravándose.


Os municipios que máis empeoran hoxe son Santiago de Compostela e Ribeira. O seu cómputo de positivos en dúas semanas sobe en 12 hoxe respecto ao de onte.


Empeoran tamén significativamente O Grove (+7), Bueu (+7), A Illa de Arousa (+6), Vilagarcía de Arousa (+6), As Pontes de García Rodríguez (+6), Boiro (+6) e Noia (+6).  


Pola contra, os diagnósticos caen en Vigo (-16), Redondela (-9) Lugo (-7) e Poio (-6). Boas noticias tamén para Boiro, que aínda que suma 6 diagnósticos máis, ve reducir o seu ritmo de contagios moi significativa.






Outra proba máis que as medidas máis estritas impostas por a Xunta funcionan, aínda que tarden en verse os seus resultados.  Boiro foi confinada o 5 de decembro  e empezou a baixar os seus diagnósticos diarias hai poucos días.





No outro lado da balanza está Santiago e Ourense. As primeiras cidades desperimetradas están a sufrir un considerable rebote, aínda que as cifras de hoxe difiren. As de Santiago levan á alza xa nove días seguidos, mentres a cidade de Ourense segue co mesmo cómputo de onte.





As tendencias a nivel municipal reflíctense na evolución das curvas de casos activos das áreas sanitarias.  Santiago supera os 1.000 enfermos tras subir de maneira notable no últimos cinco días. A área sanitaria non tiña tantos infectados desde o 21 de novembro.






Pontevedra leva tamén varias xornadas cos casos activos á alza.  Só as áreas sanitarias de Lugo e A Coruña resisten con curvas en claro descenso.


De feito, hoxe a de Pontevedra-O Salnés é a única área sanitaria na que soben os contagios, con 70 nun día --27 máis--, e colócase como principal foco. Mentres tanto, a de Vigo mantense en 47 novos positivos, sen variacións con respecto á xornada previa.






En canto ás áreas sanitarias que baixan as infeccións, a de Santiago-Barbanza é a máis afectada con 56 positivos, aínda que son 14 menos que os notificados o día anterior. Na Coruña-Cee descenderon de forma considerable, a 17 (-44); en Ferrol, a 18 (-30); en Lugo-A Mariña-Monforte, a 10 (-8); e en Ourense-Verín-O Barco, a 9 (-27). 


 Pontevedra é hoxe cun 12,2% de positividade, mentres que a da Coruña está no 6%. En canto ao resto, destaca a taxa de Ourense, co 0,8% de probas que resultan positivas, seguida de Vigo (1,5%), Lugo (2%), Santiago (2,5%) e Ferrol (3%).


InXUz coronavirus por concellos de galicia nbsp  (5)







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE