Folga de autobuses xoves e venres: servizos mínimos urbanos do 50% e nalgunhas liñas escolares
Hoxe xoves 28 de novembro iníciase unha folga de transporte de viaxeiros convocada por Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Unión Xeral de Traballadores (#CXT) en Galicia. A folga afecto ao sector do transporte público interurbano de viaxeiros por estrada e estenderase tamén ao día 29 de novembro, así como aos días 5, 9 e 23 de decembro.
Está por ver cal é o seu grao de seguimento, pois polo menos un dos grandes sindicatos do sector, UXT, retirouse da convocatoria deste paro.
Segundo a orde publicada pola Xunta de Galicia, os servizos mínimos para a folga de transporte convocada para os días 28 e 29 de novembro, e 5, 9 e 23 de decembro de 2024 son os seguintes:
- Transporte de viaxeiros por estrada: Mantéñense os servizos mínimos publicados na Orde do 23 de outubro de 2024.
- Transporte de mercadorías: Manterase a totalidade dos transportes de toda clase de mercadorías para e desde os establecementos sanitarios.
- Transporte funerario: Manterase a totalidade dos servizos de transporte funerario.
De acordo á Orde de 23 de outubro de 2024, os servizos mínimos establecidos para a folga de transporte en Galicia son os seguintes:
Transporte de viaxeiros por estrada
- Autobuses escolares: Funcionarán nos itinerarios de máis de catro quilómetros para a entrada e saída dos centros educativos.
- Autobuses periurbanos: Ofertarase o 50% do servizo entre as 9:00 e as 18:00 horas.
- Expedicións interurbanas de menos de 25 quilómetros: Manterase o 50% do servizo en horas punta (6:00-9:00 e 18:00-21:00).
- Viaxes de máis de 25 quilómetros con orixe ou destino nalgunha das sete cidades galegas: Garántese unha expedición de ida e outra de volta nos servizos con saída anterior ás 14:00 horas e posterior ás 18:00 horas.
Até o momento, non se reportaron incidencias significativas no cumprimento dos servizos mínimos nas principais cidades galegas. As empresas de transporte están obrigadas a dar a máxima difusión dos servizos afectados aos usuarios, mesmo nos propios vehículos.
O Concello de Santiago publicou na súa web os servizos mínimos do transporte urbano para as xornadas de hoxe e mañá. Leste o o PDF do horario deses servizos mínimos en Compostela:
En Ourense, a concesionaria xa confirmou que se cancela a liña 19, o coñecido como "tren das termas". Ademais, haberá menos frecuecnias nas liñas 1, 5, 6, 7, 10 mentres que "o resto de liñas manterá o seu horario habitual".
Por que hai folgas? Os choferes demandan dereito a xubilar antes
Entre as principais reivindicacións dos sindicatos atópase a implantación do servizo de coeficientes reductores e o dereito á xubilación anticipada. CC.OO. manifestou a súa desconformidade co acordo alcanzado entre outro sindicato e dúas organizacións empresariais, argumentando que se fixo fóra da mesa de mediación e sen garantías para os traballadores.
Comisións asegura que estes choferes salguen peor parados que no acordo asinado en otors sectores e que para este sindicato "non hai condutores de segunda". A central argumenta que é unha profesión onde o risco para saúde dispárase a partir dos 60 anos.
A folga continuará mañá venres 29 de novembro, e espéranse máis xornadas de paro nas datas xa mencionadas. Recoméndase aos usuarios estar atentos á información proporcionada polas empresas de transporte e as autoridades locais sobre os servizos dispoñibles durante estes días.
Escribe o teu comentario