Covid por municipios: Fortes subidas en Vigo, A Coruña, Ourense, Arteixo, Ferrol e varios concellos máis


A análise municipal das últimas cifras do coronavirus en Galicia mostra un empeoramento xeral. Destaca a brusca subida en Vigo, unha cidade que contivera a pandemia en decembro. Santiago segue sendo a urbe con peor incidencia acumulada.


|

A análise municipal das últimas cifras do coronavirus en Galicia mostra un empeoramento xeral. Destaca a brusca subida en Vigo, unha cidade que contivera a pandemia en decembro. Santiago segue sendo a urbe con peor incidencia acumulada.


Con todo, as dúas maiores cidades de Galicia, Vigo e A Coruña, son as que máis empeoran hoxe, en termos aboslutos. 


Así, A Coruña acumula xa 859 positivos nos últimos 14 días. Son 59 máis que no cómputo de onte. A gráfica da Coruña non mostra ningún indico de que a pandemia vaia a frear pronto. De feito hoxe experimenta a maior subida desta onda.




A incidencia acumulada dispárase a 361 positivos por cada 100.000 coruñeses nas últimas dúas semanas. É o triplo da que había o día de Noiteboa. O efecto do nadal é evidente.


Santiago está peor que A Coruña, pois a súa incidencia é de 374. Con todo, o acelerón da pandemia en Compostela é menos brusco nas últimas xornadas. Fai catro días que bateu o seu récord de crecemento diario e hoxe suma 15 máis ao seu cómputo. 




Do mesmo xeito que outras urbes, os problemas de Santiago agraváronse visiblemente pouco despois do inicio do Nadal. A melloría que se intúía tras a reimposición do perímetro desvaneceuse coas festas.


O empeoramento en Vigo é moito máis recente e, por agora menos grave. Aínda que hoxe é unha das dúas cidades que máis sobe, a súa incidencia acumulada,  241, dista bastante da doutras urbes.





Non foi ata despois de Reyes que as cifras empezaron a empeorar notablemente en Vigo, que logrou conter a pandemia no mes de decembro. De feito, Vigo aínda está por baixo dos 250 positivos por cada 100.000 habitantes en dúas semanas, o que lle permite seguir en nivel de riesto alto, en laranxa no mapa:





Pontevedra, tambiéne en nivel de risco alto, e Lugo, que aguanta en nivel de risco medio (rosa escuro no mapa) a pesar das malas cifras dos últimos días, son as outras urbes galegas que aínda non están nivel de risco extremo.


Estes son os municipios cuxo cómputo de positivos en 14  días máis crece hoxe: 



  • Ames +12
  • Baiona +12
  • Ponteareas +12
  • Lugo +13
  • Tui +13
  • Santiago de Compostela +14
  • Viveiro +14
  • Ferrol +16
  • Arteixo +28
  • Ourense +43
  • Coruña (A) +59
  • Vigo +59



Nesa relación destaca a presenza de Ponteareas, a pesar de ser un municipio cunha poboación modesta, de algo menos de 23.000 habitantes. O concello, consciente da subida, pediu onte "extremar as precaucións".


A relación de municipios nos que cae a pandemia é moito máis curta e con cifras máis modestas:



  1. Xove -19
  2. Ribeira -13
  3. Vimianzo -9
  4. Bueu -9
  5. Illa de Arousa -5
  6. Cee -4
  7. Cangas -4


Destacan en todo caso Xove e Ribeira, onde hai residencias con brotes activos desde hai varias semanas, polo que é posible que algúns anciandos superasen xa a enfermidade.


CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS


O alarmante da evolución de Galicia é evidente mirando a gráfica de infectados por áreas sanitarias. Cara a varias xornadas que non queda ningunha á baixa:





Pontevedra é a que parece estar en situación menos mala. Leva case unha semana de repunte, pero por agora o seu ascenso non está a ser moi acusado. 


Os casos de activos deste mércores marcan, por segundo día consecutivo, o número máis alto desde outubro e confirman o ritmo de crecemento exponencial do cómputo de persoas con enfermidade activa, que son case 2.700 máis que os que había fai cinco días.

En todas as áreas sanitarias sobe o número de pacientes con enfermidade activa este mércores. A Coruña-Cee mantense á cabeza, con 2.260 enfermos por coronavirus (-196), seguida de Santiago-Barbanza, con 1.886 (+76), e de Vigo, con 1.720 (+141).

Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras contabiliza este mércores 1.140 pacientes (+92), Lugo-A Mariña-Monforte ten 890 (+80), Pontevedra-O Salnés ten 832 (+13) e Ferrol contabiliza 659 casos activos (+61). 


ÚLTIMAS CIFRAS POR ÁREAS

Destacan os 229 positivos diagnosticados na área da Coruña (+85) e os 210 de Vigo (+70), mentres que descenden en Santiago a 149 (-22), o distrito que máis casos reportara o día previo.




Ourense tamén pasou o limiar do centenar de positivos con 118 (+27), Lugo case triplicou as cifras do día anterior ao chegar a 90 (+52) e Ferrol subiu aos 71 (+22). Pontevedra é o único distrito sanitario que reporta menos positivos que na xornada anterior: 61 casos (-18). 




EVOLUCIÓN POSITIVOS CORONAVIRUS EN TODOS Os CONCELLOS DE GALICIA




InXUz coronavirus por concellos de galicia  (11)



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE