Tras acumular máis do 40% das mortes na primeira onda do coronavirus, as residencias de anciáns galegas volven estar no epicentro da pandemia. Hai máis de 228 contaxiados, entre residentes e traballadores, con brotes graves na de Outeiro de Rei e na do Incio. Nesta última, faleceron 15 persoas de coronavirus recentemente.
A Federación REDE de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia pretende que o encontro sirva para dar pasos decisivos para a creación dunha comisión investigadora.
Nova xornada de protestas da Federación Galega de Asociacións de Usuarias e Familiares de Residencias (REDE) xunto coa plataforma ‘Vellez digna’ contra a dirección da residencia DomusVi de Cangas.
Un informe de Médicos Sen fronteiras (MSF) recolle a experiencia de 500 centros durante a primeira onda do coronavirus, que golpeo de forma máis sebera se cabe ás residencias de anciáns.
“Non vou reproducir os cualificativos empregados polas familiares das vítimas nas redes privadas de comunicación, sobre todo referidos á marca DomusVi, pero a indignación chegou ao seu teito de cristal”, afirma Paulino Campos. O portavoz de Rede asegura que “os malos desta película de terror teñen que saber, que coa compaña ou sen ela da Xustiza e do Parlamento, os familiares, e o movimento social ao rededor das residencias, da dependencia e dos servizos sociais, non darán respiro na busca da verdade e da xustiza, e dun cambio radical do modelo mercantilista imperante que vulnera sistematicamente os dereitos humanos dos anciáns e dependentes e os dereitos laborais das traballadoras, e que en moitas ocasións os relatorios que nos chegan, como este último duns médicos de DomusVi en Galicia, sitúannos máis preto dunhas prácticas xenocidas que dun sistema asistencial digno e humano”.
A Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias (REDE) fai pública a súa denuncia pola situación que aínda a día de hoxe atravesan os xeriátricos galegos.
Porque o goberno galego é o responsable da inspección das residencias e, segundo os convocantes, "a volta á normalidade coa que convivimos estes días é de feito un retorno aos antigos mecanismos de malas prácticas empezando coa sempiterna e endémica falta de persoal que pon de novo en risco ás residencias de DomusVi".Imaxe dunha protesta de operarias de DomusVi antes do coronavirus / TREGALas convocantes, o colectivo Trega (Traballadoras de Residencias de Galicia) e familiares de residentes de Vigo, reclaman un "reforzo de persoal" para que as traballadoras poidan ir superando "catro meses de shock emocional constante".
As residencias para a terceira idade da comunidade galega atópanse xa libres de coronavirus. Só un dos traballadores afectados pola enfermidade permanece de baixa. Os geriatricos foron os centros máis golpeados por esta pandemia. Case a metade dos falecidos en Galicia eran usuarios de residencias.
A Fiscalía de Área de Vigo arquivou a semana pasada a investigación pola xestión da pandemia en DomusVi Barreiro. Así figura nun decreto do ministerio público ao que tivo acceso Galiciapress.
Galiciapress publica o correo electrónico íntegro remitido pola directora da residencia de Santiago a algúns familiares. Revela que "o protocolo indica derivar unicamente aos máis válidos, aos autónomos" e di que a tardanza en facer PCR puido contribuír a máis contagios de coronavirus. Consultada por Galiciapress, a Xunta insiste en que hospitalizou a todo o que o necesitou. Pola súa banda, DomusVi incide en defender o labor dos seus traballadores, compartir a dor das vítimas e deixar claro que sempre fixo o que lle mandou a Xunta.