Familiares e usuarios de residencias demandan máis persoal para un correcto seguimento aos residentes que superaron a COVID-19
A Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias (REDE) fai pública a súa denuncia pola situación que aínda a día de hoxe atravesan os xeriátricos galegos.
A Federación Galega de Usuarias e Familiares de Residencias (REDE) fai pública a súa denuncia pola situación que aínda a día de hoxe atravesan os xeriátricos galegos.
Superada a peor parte desta primeira onda da pandemia, desde a plataforma poñen a lupa na preocupante falta de persoal nos centros para maiores, algo que tamén está a repercutir no seguimento que reciben os usuarios que no seu día foron contaxiados e que xa superaron a enfermidade.
Cuns persoais tan mermados, desde REDE demandan un reforzo de persoal das residencias como de Atención Primaria. “Desde o 18 de maio, cando as primeiras familias puideron retomar as visitas, os atrancos para acceder aos centros van en aumentado e a información continua a ser escasa e insuficiente”, lamentan desde a plataforma.
Por estes motivos, cren que non teñen “outro medio de defendernos que volver levantar a voz e denunciar que a falta de persoal nas residencias é un problema que empeorou”. Esta carencia de efectivos tivo a súa repercusión directamente nas visitas que reciben os usuarios, “restrinxidas e mesmo obstaculizadas” pola dirección dos centros pola sobrecarga de traballo para uns persoais reducidos.
Ademais, no referido á atención médica que reciben os usuarios, “os equipos médicos limitaron as visitas aos residentes e non se está avaliando o estado de saúde daqueles que pasaron a enfermidade nin daqueles que estiveron illados”.
“Non podemos esperar a que se forme un novo goberno, por iso, pedimos á Xunta de Galicia un plan de choque urxente de reforzo inmediato tanto do persoal das residencias de maiores como do persoal de Atención Primaria, xa que non hai outra posibilidade de que os maiores reciban os coidados que precisan na situación actual”, demandan desde REDE.
Escribe o teu comentario