"Rumores" de máis positivos na residencia Volta do Castro de Santiago, onde hai 130 anciáns e 13 auxiliares illadosP
A CIG denuncia "a falta de información ao persoal" da residencia Volta do Castro, en Santiago, ante "novos posibles contagios por covid-19".
Un dos sindicatos de traballadores, a CIG, quéixase de falta de información neste centro público. Este martes os operarios someteranse a un PCR.
A representante da CIG e traballadora deste centro Mar Peteira explica que este domingo "comezaron a chegar informacións de traballadores nas que expresaban a súa preocupación porque se comentaba que unha auxiliar de enfermería dera positivo".
"Rumores" que, segundo engade, na actualidade "tradúcense" nun positivo, 13 auxiliares de enfermería que non foron a traballar "porque supostamente están illadas na súa casa á espera das probas" e 130 residentes illados nas súas habitacións.
TEST
Apunta esta representante que "todo o persoal" está convocado para a tarde deste martes para que se lle faga a proba e que tamén se lle realizará a algún usuario.Ante esta situación, a CIG enviou un correo á Consellería de Política Social, á dirección do centro e á xefatura territorial no que solicita información.
Escribe o teu comentario