As residencias de DomusVi seguen sen traballadores suficientes para protexer a vida dos maiores, denuncia unha concentración hoxe en Vigo

Porque o goberno galego é o responsable da inspección das residencias e, segundo os convocantes, "a volta á normalidade coa que convivimos estes días é de feito un retorno aos antigos mecanismos de malas prácticas empezando coa sempiterna e endémica falta de persoal que pon de novo en risco ás residencias de DomusVi".Imaxe dunha protesta de operarias de DomusVi antes do coronavirus / TREGALas convocantes, o colectivo Trega (Traballadoras de Residencias de Galicia) e familiares de residentes de Vigo, reclaman un "reforzo de persoal" para que as traballadoras poidan ir superando "catro meses de shock emocional constante".


|

Moito antes do coronavirus, desde maio de 2019, as traballadoras de DomusVi en Galicia empezaron a concentrarse para denunciar a falta de medios. Superado o estado de alarma e con 150 residentes mortos con coronavirus en residencias da multinacional en Glaicia, as asalariadas volven á rúa. Este martes concéntranse outra vez diante da sede da Xunta en Vigo a partir das 18 horas.


Por que diante da Xunta? Porque o goberno galego é o responsable da inspección das residencias e, segundo os convocantes, "a volta á normalidade coa que convivimos estes días é de feito un retorno aos antigos mecanismos de malas prácticas empezando coa sempiterna e endémica falta de persoal que pon de novo en risco ás residencias de DomusVi".


Domusvi protesta traballadoras


Imaxe dunha protesta de operarias de DomusVi antes do coronavirus / TREGA


As convocantes, o colectivo Trega (Traballadoras de Residencias de Galicia) e familiares de residentes de Vigo, reclaman un "reforzo de persoal" para que as traballadoras poidan ir superando "catro meses de shock emocional constante". É dicir, para elas é máis importante ter máis compañeiras que lles permitan facer ben o seu labor e descansar o necesario en lugar de premios, como "a dávida de 500 euros ofrecida estes días pola empresa".


DomusVi non recibiu nunca ningunha sanción por falta de medios ou persoal nas súas residencias de Galicia. Agora ben, segundo adiantou Galiciapress, a finais de 2019 a Consellería de Política Social abriulle un expediente sancionador pola carencia de suficientes enfermeiras no seu centro de Ribadumia, posible sanción informativa que aínda non é firme.


Durante a crise, son numerosos os traballadores que indicaron a este diario que as inspeccións da Xunta resultan a miúdo inútiles, pois se realizan avisando antes ás direccións das residencias.


Os maiores en residencias de anciáns supoñen aproximadamente o 45% dos falecidos por coronavirus en Galicia. Deles, o "60%" vivían en centros de DomusVi, segundo cifras do colectivo Rede.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE