(VÍDEO) Un manifestante provoca un accidente na Volta a 50 quilómetros de Monforte de Lemos
O corredor Javiee Romo foise ao solo ante a saída dun espectador que estaba acazapado nunha das curvas. No entanto, o resto da etapa transcorreu con normalidade, marcada polas protestas na saída e a meta.
A pesar das múltiples medidas de seguridade dispostas ao longo de todo o percorrido, a falta de pouco máis de 50 quilómetros para a meta en Monforte de Lemos tivo lugar un accidente no pelotón, vinculado ás protestas dos manifestantes en defensa do pobo palestino contra a participación do equipo Israel Premier-Tech. O incidente provocou a caída de Javier Romo, corredor do Movistar, que puido seguir en carreira como Planckaert, outro ciclista implicado.
Foi cando faltaban menos de 56 quilómetros cando o pelotón pasou á altura dunha zona arboredo nunha curva, da que saíu un expontáneo que portaba unha bandeira de Palestina. Na súa saída, o manifestante tropezou e foise de bruzos contra o solo, xusto cando pasaban os ciclistas.
A aparición do espectador sorprendeu a Romo, que na manobra terminou por ir ao solo xunto con outro ciclista. Na intervención tamén se cruzou un policía diante do grupo de corredores, poniéndo aínda máis en perigo ao grupo de deportistas. O manifestante foi detido polas autoridades.
MÁIS DETENCIÓNS
O momento, como non podía ser doutra forma, foi captado polas cámaras de RTVE, que retransmiten A Volta. Ademais da imaxe, as cámaras tamén recolleron os berros dos manifestantes: "Israel asasina, Israel asasina".
As protestas seguen na Volta, que chega a Galicia na 15ª Etapa desta 90º Edición da competición ciclista, que tivo o seu final en Monforte de Lemos, onde Pedersen logrou coroar como gañador da etapa, entrando primeiro nunha liña de meta onde houbo unha gran presenza de manifestantes con decenas de bandeiras de palestina colocadas nos laterais da estrada monfortina, que tamén estiveron dispostas en distintos puntos do percorrido.
Foi na meta onde a Policía Nacional detivo a un manifestante por golpear os valos e entoar, xunto a outros, consignas contra o Estado sionista. Entre un glan despregamento policial, tal e como anunciou o ministerio do Interior, Fernando Grande Marlaska, os manifestantes denunciaron as "cargas policiais" e a "represión" que sufriron durante as mobilizacións. Nese sentido, critican que se identificase a algunhas peronas por portar bandeiras palestinas.
Este luns é xornada de descanso na Volta, pero o vindeiro martes arrinca en Poio na continuación da competición e só un día despois a carreira dará inicio no Barco de Valdeorras. Nas dúas localidades, como no seu percorrido e as súas metas, hai convocadas máis protestas contra a participación do equipo israelí, que correu si o nome do país no seu equipamento.
Escribe o teu comentario