As forzas do Parlamento Gallego reúnense con plataformas de familiares e usuarios de residencias, que buscan abrir unha investigación
A Federación REDE de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia pretende que o encontro sirva para dar pasos decisivos para a creación dunha comisión investigadora.
A Federación REDE de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia pretende que o encontro sirva para dar pasos decisivos para a creación dunha comisión investigadora.
Desde a plataforma solicitan unha análise exhaustiva para coñecer de primeira man o ocorrido durante a pandemia e nas semanas previas á mesma nas residencias para maiores e dependentes de Galicia.
Os xeriátricos galegos, tanto privados como públicos, aínda que a incidencia da Covid-19 nestes últimos foi significativamente menor, foron un dos puntos críticos durante a primeira onda do coronavirus. Agora, ás portas dunha segunda andanada da enfermidade, residencias como a do Incio, con 113 afectados entre usuarios e traballadores, volven estar no ollo do furacán.
BNG, PSdeG e PPdeG teñen a última palabra para que esta comisión investigadora salga adiante, aínda que desde a oposición xa deron claras mostras da intención de propulsar esta idea.
Para as familias das vítimas, “a sociedade civil non pode nin quere pasar no bico dos pés pola maior catástrofe humana vivida en Galicia despois da Guerra Civil, por ética e por xustiza, porque se falariamos dunha sociedade gravemente enferma”.
Na mesma liña, Paulino Campos, presidente de REDE considera que “están en xogo” con este tema “moitos dereitos humanos fundamentais que colocan a xestión da pandemia nas residencias nun eixo central na vida actual de Galicia, e, por tanto, na axenda política: o dereito á vida, o dereito á información e o dereito á dignidade das persoas maiores vítimas ou sobreviventes e dos seus familiares”.
“Está en cuestión e temos o deber moral de facer unha análise profundo sobre o ocorrido, aclarar a xestión das empresas xestoras e da administración, detectar os fallos do sistema para aprender. Sen observar e sen calibrar a historia non seremos quen de encarar con garantías o futuro”, reclama Campos, á vez que fai fincapé na necesidade “imprescindible” de que a investigación sexa “transparente” por “respecto e honra cara ás case 300 persoas maiores e dependentes falecidas nas residencias de Galicia desde marzo” ademais de por “decencia e hixiene da memoria colectiva”
“Non buscamos culpables, si unha análise concienzudo do que ocorreu para acometer tamén un novo modelo de servizos sociais e de residencias para persoas maiores e dependentes, humano e digno”, lembran. Nese sentido, piden imitar aos gobernos de Cataluña e Madrid, que si teñen en marcha investigacións similares.
Escribe o teu comentario