Fai non tanto era o empresario máis poderoso de Galcia, capaz de condicionar as políticas das administracións cunha simple chamada de teléfono. Hoxe, o derrube financeiro de o castelo de naipes que construíu Manuel Fernández de Sousa-Faro terminou por poñelo nas portas da prisión.
O Goberno Gallego inventouse unha curiosa maneira de facilitar os informes oficiais sobre a fusión da defuntas Caixa Galicia e Caixanova. Depositou os informes nunha sala, á que os parlamentarios só podían acceder un tempo determinado e sen poder gravar. Agora a Xustiza falla que a Xunta vulnerou o dereito para informarse do deputado Sánchez (En Común / ANOVA), quen reclama xa a documentación.
O Inspector de Facenda e o empresario detidos por presunto branqueo de capitais contra a ducias de empresas non son uns calquera. O funcionario, Asdrubal Casares García, é un mando da Axencia Tributaria que exercía de docente para varias institucións, incluída Novacaixagalicia (hoxe Abanca). O consultor, Francisco González Piñeiro, atesoura unha amplísima rede de intereses empresariais, sobre todo en Vigo, onde foi socio do dono de Pescanova. Blu Sens e Rede Com serían algunhas das súas presuntas vítimas.
Feijóo e Currás pagaron un millón de euros por un informe de KPGM que enarboraron como garantía da viabilidade da fusión de Caixanova e Caixagalicia. A entidade resultante tivo que ser rescatada ao pouco con 9.000 millóns de euros públicos.
Un pais solvente precisa de contar cun sistema bancario sólido e competente no que haxa unha matriz pública, ou cando menos social, relevante. Un país para medrar de xeito estable e prolongado necesita que tanto as administracións públicas, como as familias e as pequenas e medianas empresas teñan un fácil e doado acceso ao crédito para así consumir e investir. En definitiva un pais forte require de institucións que absorban o aforro e o canalicen deica aqueles axentes que precisan de financiamento alleo. Pero a grande crise financeira última puxo en evidencia que non se debe deixar esta función en exclusiva a banca privada dándolle total liberdade. Facelo é asumir un enorme risco pois rematan esquecendo a súa auténtica función económica dedicándose a especulación e a financiar de xeito pouco responsable actividades non produtivas. Comportamento que carrexa as consecuencias catastróficas de sobras coñecidas.
A detención da cúpula de Banesco en Venezuela e a consecuente dimisión de Juan Carlos Escotet da presidencia de Abanca puxo o foco sobre a forma de actuar dos seus directivos. Máis cando Banesco non só está no punto de mira do chavismo, a cuxo calor creceu; senón que tamén foi sancionada por branqueo en Panamá e supervisada, tamén por lavado de diñeiro, en Estados Unidos. En España, el Servizo de Prevención de Branqueo de Capitais (Sepblac), dependente do Ministerio de Economía, tamén sementou dúbidas no seu día sobre a procedencia do diñeiro que engorda os resultados de Abanca.
A Xunta de Galicia adxudicou polo menos seis contratos a Ernst & Young (E&Y) desde que Marta Fernández Currás é socia da consultora. Deses seis contratos, cinco adxudicounos a Consellería de Facenda, que dirixiu a propia Fernández Currás durante case tres anos.
A presidenta da fundación, Carmen Avendaño, explicou que "fisicamente non está moi ben, pero si mentalmente".
O xuíz concedeulle a liberdade ao ex presidente de Novacaixagalicia a cambio de que este traballe desinteresadamente para unha fundación.
O xuíz da Audiencia Nacional autoriza a súa saída da prisión de A Lama pola súa idade, a saúde e a disposición para facer voluntariado.
Ana Pontón considera que se o PP "ten a conciencia tranquila" non poñerá "trabas" á investigación | Leiceaga pide que comparezan Fernández Ordóñez e Fernández Currás.
Ante a "gravidade dos feitos", os maxistrados ven "necesario" que a cúpula de Novacaixagalicia cumpra polo menos a pena "benévola" de dous anos de cárcere para "evitar a impunidade".
Ademais da "gravidade dos feitos", para acordar o ingreso en prisión a Sala tivo en conta que os condenados non devolveron o diñeiro e que teñen aínda causas pendentes coa xustiza.