Falece o expresidente de Caixagalicia Mauro Varela

O coñecido avogado lucense Mauro Varela, exdiputado da Cámara galega e expresidente de Caixa Galicia, faleceu este xoves, aos 78 anos de idade.

|

A Varela tocoulle lidar cun dos episodios máis complicados da historia económica de Galicia, a fusión das caixas de aforros


O coñecido avogado lucense Mauro Varela, exdiputado da Cámara galega e expresidente de Caixa Galicia, faleceu este xoves, aos 78 anos de idade. Licenciado en Dereito e avogado en exercicio desde 1965, Mauro Varela foi parlamentario do Congreso en Madrid polo PP nas lexislaturas de 1989, 1993 e 1996, así como deputado autonómico a partir de 1997.


Mauro Varela




No ámbito económico e empresarial, foi presidente de Caixa Galicia e copresidente de Novacaixagalicia, á vez que mantivo un despacho de avogados na Praza Maior de Lugo, a súa cidade de orixe.

O pesar polo falecemento de Mauro Varela foi especial no seo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, onde foi membro do consello directivo do Anuario Diocesano e desde onde trasladaron o agarimo aos seus familiares e amigos.

Tamén desde a formación coa que Mauro Varela exerceu como deputado enviaron as súas condolencias, como é o caso do PP da Coruña ou da presidenta de Novas Xeracións de Lugo, Rosa Arza.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE