Ingresan en prisión os cinco exdirectivos de NCG condenados a dous anos de cadea
Ademais da "gravidade dos feitos", para acordar o ingreso en prisión a Sala tivo en conta que os condenados non devolveron o diñeiro e que teñen aínda causas pendentes coa xustiza.
Os cinco exdirectivos de Novacaixagalicia condenados polas indemnizacións millonarias cobradas a dous anos de prisión, ingresaron este luns en prisión por orde da Audiencia Nacional.
Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmaron que a sección Terceira da Sala do Penal denegou a suspensión da condena, unha vez que o Tribunal Supremo a confirmou o pasado mes de setembro.
A Audiencia Nacional valorou a "gravidade dos feitos" e que o propio Tribunal Supremo, na súa sentenza de setembro, considerase "benévola" a pena de dous anos imposta aos tres exdirectivos, José Luis Pego, Gregorio Gorriaran, Óscar Rodríguez Estrada, ao expresidente de Caixa Nova Xullo Fernández Gayoso e ao asesor xurídico, Ricardo Pradas.
Ademais, para acordar o ingreso en prisión a Sala tivo en conta tamén que os condenados non devolveron o diñeiro que se fixou en sentenza e que teñen aínda causas pendentes coa xustiza.
Escribe o teu comentario