O Inspector Xefe de Facenda detido por branqueo daba clases de impostos nun máster


O Inspector de Facenda e o empresario detidos por presunto branqueo de capitais contra a ducias de empresas non son uns calquera. O funcionario, Asdrubal Casares García, é un mando da Axencia Tributaria que exercía de docente para varias institucións, incluída Novacaixagalicia (hoxe Abanca). O consultor, Francisco González Piñeiro, atesoura unha amplísima rede de intereses empresariais, sobre todo en Vigo, onde foi socio do dono de Pescanova. Blu Sens e Rede Com serían algunhas das súas presuntas vítimas.


|

O Inspector de Facenda e o empresario detidos por presunto branqueo de capitais contra  a ducias de empresas non son uns calquera. O funcionario, Asdrubal Casares García, é un mando da Axencia Tributaria que exercía de docente para varias institucións, incluída Novacaixagalicia (hoxe Abanca). O consultor, Francisco González Piñeiro, atesoura unha amplísima rede de intereses empresariais, sobre todo en Vigo, onde foi socio do dono de Pescanova. Blu Sens e Red Com serían algunhas das súas presuntas vítimas.


Así, segundo o Rexistro Mercantil, González Piñeiro posúe cargos, ou os tivo ata hai poucos anos, en 15 empresas:


Urzaiz Lider Sl

Cortegada Servizos Auxiliares Sl

Artica Automatica Sl

Aserco Asesores Consultores Sa

Residenvi Sl

Inviste & Sold Sl

Ressurgir Absoluto Sl

Residencial Progreso Sl

Orgamarket Sl

Cristalpuen Sl

Carixaceler Sl

Asesoria Ponteinmo Investimentos Srl

Paragefa Sl

Area Global Montaxes Sl

Catoinuer Sl



Aserco é a consultora á cal a UCO da Garda Civil sitúa no centro da trama. Supostamente, o Inspector Xefe propoñía para sanción a determinados contribuíntes, sanción que se podía esquivar a través de Aserco, a consultora recomendada.



Aserco

Sede de Aserco no centro de Vigo


A nivel de conexións con nomes coñecidos, destaca que en  Paragefa foi Administrador Solidario xunto a Manuel Maria  Fernandez Sousa-Faro, o outrora casitodopoderoso dirixente de Pescanova, hoxe caído en desgraza acusado de falsear contas. 


Parafega era unha construtora viguesa, que entrou en concurso e foi liquidada polos seus socios en 2015. A maioría das empresas de González Piñeiro traballan en actividades relacionadas coa construción e a consultoría; aínda que polo menos unha, Urzaiz Lider, entrou no sector mexilloeiro ao comprar unha batea en Cambados o ano pasado


Chama a atención que a pesar de estar acusado de ser parte dunha trama que liquidaba irregularmente sancións da Axencia Tributaria, a súa empresa Urzaiz Lider apareceu citada en numerosas ocasións en boletíns oficiais, por exemplo no de Pontevedra, ao fío de avisos por falta de pagamento de tributos. Iso si, hai bastantes anos. O propio empresario figura no DOG como receptor dunha citación tributaria deste tipo.


UN INSPECTOR QUE DABA CLASES

Asdrubal Casares García tamén ten unha relevante traxectoria profesional. Principalmente como Xefe da Unidade Rexional de Inspección na Delegación da Axencia Tributaria en Vigo pero tamén como docente colaborou con varias entidades, como o Instituto de Planificación Fiscal  , o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) e a Escola de Negocios da extinta Novacaixagalicia, hoxe Abanca.


A trama caería por mor dunha denuncia presentada ante a Fiscalía Anticorrupción de Madrid.


COMPAÑÍAS TECNOLÓXICAS PRESUNTAMENTE VÍTIMAS

Una das compañías afectadas sería Redcom. Esta empresa  de telecomunicacións, distribuidora de Airtel, foi sancionada en 2005 e negouse a entrar no xogo da trama. Redcom tivo un inicio espectacular, pero acabou pechando en parte por estes problemas fiscais, levándose por diante centos de postos de traballo. 

 

O grupo santiagués Blu Sens sería outro dos afectados, segundo El Correo Gallego. Os problemas con Facenda son un dos factores que acabaron defenestrando a tecnolóxica de José Ramón García.  


ADMINISTRADORA CONCURSAL INVESTIGADA

A priori, chama a atención que instrúa un xulgado de Santiago, a pesar de ser Vigo onde traballaba o inspector e tiña a súa sede Aserco. De feito, na capital de Galicia non hai constancia de rexistros, pero si houbo en Vigo e nunha xestoría de Ourense.


Onte, o xulgado de instrución número 3 de Santiago de Compostela mandou a prisión sen fianza a o  inspector de Facenda. Ao empresario deixouno saír, pero cunha fianza elevada, 120.000 euros. A súa muller, a administradora concursal B. Z. sería outra das tres persoas non detidas, pero si investigadas. O sumario está baixo segredo.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE