minería

O Defensor do Pobo considera que a Xunta "non colabora" en informar da degradación ambiental da Mina de Touro

"Os casos como os de Touro, Valdeorras, Monte Neme, Triacastela ou San Finx non deixan de ser un recordatorio dos efectos da actividade extractiva", declara a asociación Salvemos Cabana.

Seis concellos gobernados polo PP rexeitan a minería en Touro e O Pino

Un total de vinte e un concellos aprobaron a moción de rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira de Cobre San Rafael. Esta fin de semana sométese a votación en Ribeira (PPdG).

Os veciños de Touro responden as mineiras: "A balsa filtra e o río está morto" (VÍDEO)

Onte as compañías que explotan a antiga mina de cobre de Touro-O Pino aseguraron que "as augas de choiva" que chegan ao depósito de decantación de Bama "cumpren os parámetros esixibles pola normativa e non afectan o medio natural". Hoxe os veciños responden asegurando que as mineiras amenten e o que o Brandelos, o río que pasa pola zona, é "un río morto" debido ás filtracións. Como proba, remiten un vídeo no que, efectivamente, vese que a balsa desborda ao río.

​Os activos en paraísos fiscais do director da mina de Touro

Lavandeira, quen chamou “iluminados”, aos opositores á explotación ten cargos en empresas de Chipre e tivo de Panamá. En declaracións a Galiciapress, o enxeñeiro e Atalaya Minning defenden a súa traxectoria.

Órgano da ONU expedienta a España polas minas de Galicia

A Comisión de Cumprimento do Convenio de Aarhus decidiu aceptar a queixa presentada por entidades galegas hai un ano, a pesar da oposición de España. A denuncia versa sobre ocultación de información na aprobación de varias minas.

​A Xunta advirte que as acusacións de suborno na mina non son tolerables

“Acusacións sen fundamento e non tolerables”. Así, con evidente enfado, cualifica a Xunta de Galicia as afirmacións de Edgewater. A mineira á que paralizaron o proxecto de Corcoesto dixo en varias instancias xudiciais que lle pedían subornos -mesmo para o presidente- a cambio de que o Goberno dese luz verde á explotación. A Xunta denunciounos, pero agora sábese que a Xustiza non ve difamación nas acusacións dos canadenses.

​A Xustiza non ve delito en que unha mineira denunciase que lle pediron un suborno para a Xunta

A Audiencia Provincial da Coruña desestimou o recurso de apelación que interpuxo a Xunta contra Edgewater. O goberno denunciara por calumnias á mineira de Corcoesto por afirmar nos xulgados que “tería que pagar 1,5 millóns de euros” para lograr os permisos e que “eses fondos distribuiríanse entre altos cargos da Xunta, incluíndo ao presidente Feijóo e ao Sr. Tahoces [ Bernardo Tahoces, o director xeral a cargo da tramitación do permiso]”.


Miles de cidadáns marchan contra a mina e Atalaya responde que están "moi lonxe da realidade"
A oposición social cidadá á mina ao descuberto de cobre que a empresa Cobre San Rafael S.L. prevé impulsar nunhas 689 hectáreas desta localidade e a veciña do Pino escenificouse este domingo nunha masiva mobilización e 'tractorada' que percorreu Touro para denunciar que o proxecto terá un impacto "sobre a saúde preocupante, económico e medio ambiental negativo e social e cultural alarmante".
​A Lei de Fomento Empresarial da Xunta, nun limbo xurídico que a pode tombar

Salvemos Cabana afirma que a norma que ten en contra a todos os ambientalistas "pode ter os días contados".

Antigos terreos mineiros de Touro acollen a día de hoxe unha residencia e unha gardería

A asociación Aldea Viva denuncia que as augas da zona teñen niveis de contaminación elevados.

​"6 explosións diarias" na mina de Touro deixarían "unha paisaxe propia de Marte"

A eurodeputada Lídia Senra acompaña a mobilización social para frear o proxecto.

​O BNG activa unha rede de concelleiros contra "o novo Corcoesto" da mina de Touro

Ana Pontón reivindica a presión social e política e indica que "o único que pode facer a Xunta" é "denegar os permisos".

Feijóo promete que a súa lei empresarial creará 800 empregos na minería

"O sector pasará de seis ou sete anos para conseguir a instalación dunha canteira de lousa a un ano ou ano e medio", proclama.

Os informes ambientais do proxecto mineiro de Touro poden tombar a súa reapertura

As autorizacións da Xunta dependen dos informes que se redacten tras as alegacións presentadas.

A mina de Touro "non crea riqueza nin valor engadido aquí e deixa un desastre ambiental"

O BNG lamenta que "estariamos a repetir o mesmo esquema que se falaba en Corcoesto" e outras explotacións.

Rexeitamento ante o Hórreo á "depredación" que propicia a lei de fomento empresarial

Unha plataforma recén creada subliña que os proxectos que se verían favorecidos por esa normativa "destrúen máis emprego do que crean".

Veciños de Touro loitan contra o proxecto mega-mineiro que ameaza a súa contorna

Entregaron no rexistro da Xunta 500 alegacións contra unha actividade da que xa padecen consecuencias.

Salvemos Cabana anima a que os cidadáns impulsen as alegacións contra a mina de Touro

A plataforma solicita á Xunta que desestime a súa autorización.

A receita do PP para competir co Norte de Portugal: "liberalizar"

A oposición identifica a lei de implantación empresarial co "colonialismo" ou un "cabalo de Troia" e carga contra a "desregulación ambiental"

Salvemos Cabana celebra que Europa avance cara á prohibición total do uso do cianuro en minería

Censura que no seu momento "se pretendeu" levar a cabo un proxecto extractivo na parroquia de Corcoesto que utilizaba tecnoloxías mineiras a base de cianuro. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE