​A Lei de Fomento Empresarial da Xunta, nun limbo xurídico que a pode tombar

Salvemos Cabana afirma que a norma que ten en contra a todos os ambientalistas "pode ter os días contados".


|

ContraminaccionmaniA mina de Touro pode beneficiarse da norma galega.


Coa imaxe de Feijóo no parque eólico de Malpica aínda na memoria, Salvemos Cabana advirte de que a Lei de Fomento Empresarial "aprobada pola vía do rodete parlamentario do PP" e alcumada como Lei de Depredación de Galicia, pode "ter os días contados".


A asociación considera que que a Unión Europea pode levar ao Estado español ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por non transpoñer a directiva que modifica a avaliación sobre o medio ambiente de determinados proxectos públicos e privados.


O prazo para iso acabou en maio do ano pasado, deixando a lei impulsada pola Xunta "nun limbo xurídico que podería botala abaixo", ao ser o cambio normativo de obrigado cumprimento tamén polos gobernos rexionais.


Salvemos Cabana destaca nun comunicado o seu rexeitamento á norma galega, que reduce á metade os prazos de autorización e de tramitación ambiental de "proxectos tremendamente lesivos a nivel ambiental e que contan cun maioritario rexeitamento social".


Ademais, subliñan as "afirmacións contrapostas e sen sentido" do texto. Critican, neste sentido, que "ao mesmo tempo que se fala de garantir a sustentabilidade ambiental e protexer o medio natural cun escrupuloso respecto da Rede Natura", autorízanse os proxectos "sen maiores obxeccións" dentro de zonas protexidas a nivel europeo. 


relacionada A mina de Touro: "un desastre ambiental sen precedentes" para a Asociación Aldea Viva
relacionada ​A Xunta, sobre a mina de Touro: "Non imos paralizar unha actividade que a lei permite"
relacionada O PP aproba en solitario a xa coñecida como 'lei de Depredación de Galicia'
relacionada ​Feijóo inaugura un parque eólico en plena polémica polo "tarifazo" eléctrico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE