​A Xunta, sobre a mina de Touro: "Non imos paralizar unha actividade que a lei permite"

O conselleiro alega que "os perigos" denunciados non existen e atribúe as críticas a motivos unicamente ideolóxicos.


|

Mina touro adegaMina abandonada de Touro-O Pino. Foto: Adega


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou que a Sociedad Cobre San Rafael conta cos "permisos pertinentes" para realizar unhas sondaxes que levan realizando "30 anos" na mina de Touro e acusou a En Marea de "estar en contra" da minería e do emprego no sector por motivos "ideolóxicos".


Francisco Conde pronunciouse deste xeito no Pleno da Cámara galega, onde respondeu a unha pregunta formulada polo deputado Francisco Casal, quen asegurou que estas prospeccións carecen de autorización e afectan aos recursos hídricos da zona.


Sobre iso,  o titular de Economía e Industria acusou a Francisco Casal de formular estas "opinións sen fundamento". "O Goberno non vai paralizar unha actividade que a lei permite", manifestou para sinalar tamén que os equipos de inspección de minas non detectaron "ningún dos perigos" denunciados polo parlamentario de En Marea.


"As críticas que vostede traslada aquí á Cámara teñen como único fundamento a ideoloxía do seu grupo, a posición do seu grupo en contra do sector mineiro e en contra do emprego no sector", sinalou.


relacionada Antigos terreos mineiros de Touro acollen a día de hoxe unha residencia e unha gardería
relacionada ​"6 explosións diarias" na mina de Touro deixarían "unha paisaxe propia de Marte"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE