Antigos terreos mineiros de Touro acollen a día de hoxe unha residencia e unha gardería

A asociación Aldea Viva denuncia que as augas da zona teñen niveis de contaminación elevados.


|

Mina touro phMedición de pH na zona. Foto: Aldea Viva

O rexeitamento social ao proxecto mineiro de Touro-O Pino segue sumando motivos de oposición contra os efectos derivados da actividade mineira.


A asociación Aldea Viva denuncia que verificou que as augas da zona de antigos terreos mineiros teñen "elevados niveis de contaminación". As súas mostras revelan "características hiperácidas" da auga, con niveis de pH por baixo de 3,5 (sendo 7 o valor do pH neutro e o que debería ter a auga).


Pois nesta zona, o Concello de Touro autorizou no ano 2000 a construción dun centro da terceira idade en chan rústico, xustificándoo na "dinámica económica" que xeraría. A día de hoxe, esta zona conta, ademais, cunha escola infantil, un parque biosaludable para adultos, pistas polideportivas e piscina, a Casa da Cultura, a oficina de Protección Civil, un Taller de Emprego, unha área de autocaravanas e ata o Centro de Interpretación do Río Ulla.


Mina touro instalacións

Instalacións públicas en terreos mineiros. Foto: Aldea Viva

A asociación Aldea Viva anuncia que "continuará a investigar de forma exhaustiva como puido chegarse a esta situación tan inadecuada desde calquera punto de vista, examinando a fondo os acordos municipais e todos os detalles de como estes terreos puideron acabar utilizándose para a instalación de infraestruturas de uso público sen as correspondentes garantías".


Aldea Viva sinala que leva máis de dez anos denunciando "os perniciosos efectos derivados da actividade mineira ao descuberto" e o abandono sufrido pola mina de cobre de Touro ao rematar a súa explotación.


relacionada ​"6 explosións diarias" na mina de Touro deixarían "unha paisaxe propia de Marte"
relacionada A plataforma contra a mina de Touro critica a “falta de transparencia” do goberno local
relacionada Os informes ambientais do proxecto mineiro de Touro poden tombar a súa reapertura

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE