En Marea

O canto do cisne de En Marea

 EN MAREA precisa dunha refundación e seguramente un cambio de nome. O proxecto orixinal xa non é viable

En Marea fixa o seu proceso de renovación para xullo polos "decepcionantes" resultados electorais
O Consello dás Mareas propón a Mariló Candedo, membro da coordinadora, para ser senadora por designación autonómica
Baile de alcaldías en Galicia

Unha urnas que no caso de Galicia deixaron, co gallo das eleccións municipais, algunhas lecturas políticas moi interesantes e ilustrativas como, por caso en Vigo, Pontevedra, Compostela, A Coruña e O Ferrol.A relevancia destes concellos para Galicia é indiscutible velaí unha das razóns da miña atención aos resultados habidos.

​Luís Rei: "A posición de Marea de Pontevedra é clara, o traslado negociado de Ence"

Galiciapress entrevista a Luís Rei (1958) candidato de Marea de Pontevedra para tentar desbancar a Lores do goberno municipal. Aínda que as enquisas seguen posicionando ao BNG como primeira forza en Pontevedra, a marea pode ser unha das chaves do futuro goberno local. O alcaldable avoga pola saída de Ence da ría de Pontevedra de forma pactada, considera que desde o concello non levaron a cabo medidas efectivas para loitar contra o desemprego e posiciónase como defensor do rural pontevedrés e polas familias afectadas pola construción da A-57. 

​En Marea suma o seu apoio ao manifesto da Mesa pola defensa da lingua

Luís Villares reuniuse esta mañá con membros da plataforma e, como BNG e PSdeG-PSOE, trasladou o seu apoio directo á iniciativa.

En Marea: Baixa mar

Estes comprobaron como algunhas das promesas electorais mais atractivas (como por caso a formación de grupo parlamentario propio) non se cumprían así como que tampouco a labor de clara defensa dos intereses dos galegos foi moi brillante (velaí a súa negativa a defender unha axenda galega).

"​Bugallo aspira a ser o voto útil da dereita e Compostela Aberta é o voto útil da esquerda"

É realista que Bugallo saque máis apoio nas locais que o que acadou Pedro Sánchez nas xerais? Este é un dos argumentos que enarbora sobre as recentes enquisas o alcalde de Santiago. Nesta entrevista con Galiciapress, Martiño Noriega tamén cuestiona a estratexia do PSOE, que ve pescando na da dereita ao calcar propostas conservadoras como instalar máis cámaras de seguridade. A fusión de concellos, a necesidade de repensar que turismo busca Compostela e o contraste entre a unión a nivel local da marea fronte o divorcio a nivel autonómico de En Marea son outros dos temas desta conversación.

​Lidia Senra (En Marea): “A Unión Europea debe construírse poñendo os dereitos das persoas e dos pobos por diante dos intereses do capital”

Galiciapress entrevista a Lidia Senra (Pobra do Brollón, 1958), que aspira a repetir como europarlamentaria nos comicios do #26M. Tras cinco anos en Estrasburgo, a histórica sindicalista agraria ratifícase na necesidade de construír unha Europa máis social e advirte que “as políticas neoliberais da UE” son corresponsábeis do auxe da extrema dereita. O conflito interno da confluencia da esquerda galega, a precariedade na sanidade e a polémica sobre as vacinas son outros dos temas desta conversa coa candidata de En Marea.

Podemos: quo vadis en Galicia?

Si as eleccións xerais puxeron en evidencia que EN MAREA sen PODEMOS-EU-MAREAS EN COMÚN- EQUO ten difícil conseguir representación política no Parlamento español, tamén evidenciaron que estes sen EN MAREA son unha opción política moi menor en Galicia.

En Marea, os erros páganse, pero uns mais que outros

Digo dobre fracaso por que si EN MAREA tiña 5 deputados/as na lexislatura anterior agora EN COMUN UNIDAS PODEMOS –a única das partes que conseguiu representación- ten so 2 deputados/as.Dicía que, politicamente, Galicia non é o Pais Vasco nin Cataluña en base tanto a que o sentimento “nacional” neste comunidade é moito menor que nas outras dúas comunidades históricas como a que, como contrapartida, o sentimento español –a influencia española- e moi superior que naquelas.

Reunión urxente para sacar a Villares da portavocía parlamentaria de En Marea
O Grupo Parlamentario de En Marea convocou unha reunión extraordinaria este martes na que se abordará a saída de Luís Villares como portavoz na Cámara galega, cargo que podería asumir o deputado Manuel Lago, vinculado a Esquerda Unida.
O PSOE chama a aproveitar un "triunfo histórico" para botar a un Feijóo ao que moitos xa ven en Madrid como substituto de Casado

Manterá Feijóo o seu compromiso cos galegos de esgotar a lexislatura? O magnitude da desfeita do PP en España é de tal calibre, que esta mesma noite empezarán a moverlle a cadeira a Pablo Casado. Na mentes de todos estará Feijóo como substituto, para corrixir o rumbo dun PP escorado á extrema dereita, rumbo que se demostrou un absoluto fracaso electoral.

Consecuencias da goleada de Podemos Galicia e Esquerda Unida (En Común) á En Marea de Luís Villares

Ademais, con case todas as enquisas -salvo as da Voz- apuntando que non tiñan opcións de entrar no Congreso, é lóxico que ninguén que apostase polo voto útil outorgáselles a súa confianza.Con todo, a distancia é tan grande con En Común (a marca de Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo) que sería ingénuo pensar que este #28A non vai ter consecuencias no seo de En Marea.

A Mesa presenta un manifesto conxunto pola “liberdade, igualdade e democracia” da lingua

O representante do PP comprometeuse a presentar o escrito ao grupo parlamentario e ao partido e o BNG xa deu o seu apoio ao documento.

Os partidos buscan rabuñar votos dando visibilidade a problemas locais

A falta dunha semana para as eleccións, os partidos centran os seus discursos en problemas como o furtivismo, a ría do Burgo ou Ence.

O Eixo Atlántico alerta do atraso dunha saída do corredor ferroviario
O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, recalcou que a saída a exposición pública do estudo informativo previo da conexión ferroviaria de Vigo con Portugal, a denominada saída sur, atópase "paralizada".
A campaña arrinca en Galicia centrando o discurso nas infraestruturas

Os partidos centran o debate na AP-9 e as infraestruturas nos primeiros días de campaña no país. 

As mareas da Coruña e Santiago pasan da marca de Podemos, ANOVA e EU para as locais


Boas noticias para o PPdeG na Coruña. Compostela Aberta e Marea Atlántica -como xa fixeron para estas xerais- pasan de participar en márcaa paraugas promovida por Podemos, Anova e Esquerda Unida para as municipais; polo que, salvo sorpresa de última hora e que se adhiran á marca de En Marea de Luís Villares, non poderán sumar os seus votos á hora de competir pola Deputación Provincial, o que aumenta exponencialmente as posibilidades do PP de reconquistar a deputación herculina. 

A eurodeputada Lida Senra irá de 2 na coalición de Compromís con En Marea e Equo

Ao presentar hoxe no acuedo oficial cos valencianos, Villares parece pechar a porta a unha coalición con Podemos e Esquerda Unida a nivel estatal. Un paso máis na crise da confluencia, que podería ter serias consecuencias no Parlamento Galego unha vez coñecidos os resultados dos comicios xerais. 

O PACMA supera a En Marea e pisa os talóns de Vox en Galicia, segundo o CIS

Os galegos temos fama de indecisos. O último e polémico barómetro do CIS referéndao. Mentres en 41% dos españois díxolle aos encuestadores que non sabe a quen votará, en Galicia a porcentaxe de indecisos é maior, o 46%. Este é un dos datos relevantes dunha análise con lupa dos resultados das 1.100 enquisas realizadas en Galicia polo insitituto público.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE