A campaña arrinca en Galicia centrando o discurso nas infraestruturas

Os partidos centran o debate na AP-9 e as infraestruturas nos primeiros días de campaña no país. 


|

Os partidos centran o debate na AP-9 e as infraestruturas nos primeiros días de campaña no país. 


Luís Villares reivindica a defensa de Alcoa

Luís Villares durante un acto de En Marea


DENUNCIAS SOCIALISTAS

Para os socialistas a campaña arrincou con denuncias ante a Xunta Electoral. O PSOE galego ha denunciado a firma dun convenio entre o Concello de Ourense e a Xunta, considerando que o mesmo “incumpre a Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeneral”.


Este é un exemplo máis das habituais prácticas ilegais e caciquiis do PP”, sentencian os socialistas, afeando aos populares que “venden como un logro este convenio dous anos e dous meses despois e a poucos días das urnas” e tachando a campaña de “xogo sucio”. “É unha mostre evidente do uso indebido das institucións en período electoral”, lamenta o PSdeG-PSOE.


Os POPULARES RECLAMAN “AUTOESTRADAS GRATIS”

O PP celebrou hoxe un mitin-comida en Mos. Na localidade pontevedresa han estado presentes algunhas personalidades dos populares como o expresidente Mariano Rajoy e ou a número uno ao Congreso na provincia como Ana Pastor, que reclamaron para Pablo Casado “o voto útil” como “única alternativa verdadeira aos independentistas e extremistas”.


Durante a súa intervención, Rajoy recalcou que, aínda que abandonou a actividade política, segue pedindo o voto para o Partido Popular porque é algo “que é para sempre”. Ademais, criticou que durante o último goberno socialista “o país quedou ao bordo da quebra” e que hoxe hai “demasiado parlanchín e poucos bos gobernantes”.


Mentres, Ana Pastor recalcou que ao AVE “queda moi pouco” para chegar a Galicia e reclamou a devolución da AP-9. "Non queremos máis a Sánchez, queremos autoestrada gratis como os demais", insistiu Ana Pastor.


O BNG RECLAMA UNHA POLICÍA AUTONÓMICA

Néstor Rego, cabeza de lista polo Bloque Nacionalista Galego na Coruña, reclamou este sábado “a transferencia de todas as infraestruturas viarias”, non só da AP-9, como unha das medidas para loitar contra a perda de vidas nas estradas.


"Entendemos que son esixencias que teñen que ver coa mellora da calidade de vida de todos os galegos, porque hoxe en día os accidentes de tráfico son un auténtico drama, un problema gravísimo e agravado en Galicia como consecuencia dunhas infraestruturas particulares e que non están tratadas de maneira adecuada", declarou Néstor Rego.


No mesmo discurso, o candidato ao Congreso lembrou a necesidade de que Galicia conte cun “corpo de Policía autonómico”, unha medida aprobada pero que “quedou no caixón”


VILLARES CENTRA O DEBATE EN ALCOA

O dirixente de En Marea, Luís Villares, centrou o seu discurso na industria electrointensiva nun acto en Viveiro e na defensa dos postos de emprego de Alcoa. Así, asegurou que desde as mareas traballarán “para que as factorías da compañía continúen funcionando e mantendo a totalidade dos postos de traballo”.


Sinala ao PSOE e ao PP como culpables desta situación e considera que é o momento de “pedir contas” aos responsables, pero tamén lembrou que as infraestruturas brillan pola súa ausencia na comarca lucense da Mariña. “En relación ao tren, A Mariña perdeu unha oportunidade de futuro, por non contar cunha aposta desde o Estado durante os anos nos que Rajoy foi presidente”, denunciou.


ALBERTO GARZÓN EN VIGO

O coordinador federal de Esquerda Unida e cabeza de lista de Unidas Podemos pola provincia de Málaga, Alberto Garzón, estivo nun acto no Teatro García Barbón de Vigo, xunto aos candidatos galegos ao Congreso Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz


Durante o mitin, Garzón enfocou o discurso en temas como a educación, avogando por un sistema de educación gratuíta desde os 0 anos ata a universidade, o emprego, facendo fincapé nos mozos emigrados pola falta de oportunidades laborais, ou o elevado custo no consumo de luz, un problema ao que non poden facer fronte 3,7 millóns de españois.


CIDADÁNS DEFENDE A CAZA

José Manuel Branco, candidato de Cidadáns ao Congreso pola provincia de Lugo, e María Vilas, número dous pola Coruña, reuníronse coa Federación Galega de Caza para "escoitar as súas demandas".


No acto, Branco defendeu a caza como "un instrumento de xestión fundamental" para a conservación tanto de poboacións de especies de fauna e de especies naturais.


Vilas, pola súa banda, insistiu que a formación laranxa "defende a caza e a pesca reguladas", avogando por "unha nova Lei de Caza e Pesca reguladas e impulsará o recoñecemento dunha soa licenza en toda España". 

relacionada Néstor Rego: "Sen o BNG no Congreso, Galicia perdeu atención aos seus problemas "
relacionada ​Gómez Reino (En Común) “O noso é o único voto útil posible para frear un goberno de PSOE e Cs”
relacionada Ana Seijas (En Marea): “Queremos un goberno de progreso en España, sen deixar atrás a Galicia"
relacionada Pilar Cancela (PSOE): "Non podemos confiarnos demasiado das enquisas, a xente ten que acudir a votar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE