O PACMA supera a En Marea e pisa os talóns de Vox en Galicia, segundo o CIS
Os galegos temos fama de indecisos. O último e polémico barómetro do CIS referéndao. Mentres en 41% dos españois díxolle aos encuestadores que non sabe a quen votará, en Galicia a porcentaxe de indecisos é maior, o 46%. Este é un dos datos relevantes dunha análise con lupa dos resultados das 1.100 enquisas realizadas en Galicia polo insitituto público.
Os galegos temos fama de indecisos. O último e polémico barómetro do CIS referéndao. Mentres en 41% dos españois díxolle aos encuestadores que non sabe a quen votará, en Galicia a porcentaxe de indecisos é maior, o 46%. Este é un dos datos relevantes dunha análise con lupa dos resultados das 1.100 enquisas realizadas en Galicia polo insitituto público.
Os que parecen ter máis dúbidas son os galegos de dereitas. Así, entre ese 46% que non sabe -ou non quere dicir- o seu voto do #28A, son maioría os que dubidan entre o PP e outra opción. A primeira é o binomio PP - Cidadáns, seguida de PP - PSOE. Curiosamente, a cifra dos que dubida entre PP e Vox é relativamente baixa:
Táboa do CIS de onte sobre as dúbidas electorais dos galegos
Aos socialistas tamén lles afectan importantes solapamentos; entre PSOE e Podemos e PSOE e Cidadáns; o que indica que están a gañar a batalla de situarse no centro, posición ideolóxica que a miúdo trae bos réditos electorais en España.
Por agora, a intencion de voto directa sitúaos por diante do PPdeG, algo case inaudito na historia electoral de Galicia e que permitiría aos de Pedro Sánchez sacar un deputado máis que o partido de Alberto Nuñez Feijóo:
QUEN CRE QUE VAI GAÑAR?
O avance socialista é tamén perceptible na sensación de quen vai gañar. Certo é que hai un 33% de enquisados que di non saber cal vai ser o resultado, pero son case os mesmos (32%) que os que ven a Pedro Sánchez manténdose na Moncloa. Pola contra, só o 24% ve a Pablo Casado remontando.
AVANCE ANIMALISTA, TROMPAZO DE EN MAREA
Outro dato relevante é o avance de Vox e, pisándolle os talóns, do PACMA. Os de Santiago Abascal -de lonxe o líder con peor valoración entre os galegos- optan a sacar 1 escano na Coruña a pesar de ter só o 2,0 na táboa que suma o voto e a simpatía declarada; mentres que os animalistas andan polo 1,5, superando mesmo á escindida En Marea.
A galega La Duarte é a candidata do PACMA á presidencia do goberno
Os de Luís Villares ven como os seus ex-compañeiros de Unidas Podemos (Podemos Galicia, Esquerda Unida e Equo) multiplican por catro os resultados de En Marea nesta táboa:
Escribe o teu comentario