O PP perdería o liderado en Galicia e Vox entraría pola Coruña, prevé o CIS
O resultado da última enquisa electoral do CIS antes das eleccións xerais depara sorpresas para Galicia. Así, non só o PP ve ameazado o seu tradicional liderado, tamén entraría Vox, cun escano pola Coruña.
O resultado da última enquisa electoral do CIS antes das eleccións xerais depara sorpresas para Galicia. Así, non só o PP ve ameazado o seu tradicional liderado, tamén entraría Vox, cun escano pola Coruña.
A repartición de escanos nas provincias galegas que estima o instituto público no seu macrobarómetro preelectoral para as eleccións xerais é o seguinte:
Así, o PSOE lograría 9 ou 10 escanos, igualando os resultados do PP en todas as provincias e superándoo en Pontevedra, á espera que se decida quen levaría o último representante en xogo na provincia da Coruña.
O líder do PSdeG Gonzalo Caballero co presidente do Goberno Pedro Sánchez
Na Coruña tamén se produciría a gran sorpresa da entrada de Vox, cun escano, os mesmos que En Común - Unidas Podemos e Cidadáns. Os laranxas e os morados tamén lograrían representación en Pontevedra.
En Marea, co 0,1% do voto estimado, non lograría nada. Os de Luís Villares quedarían fóra do Congreso, onde chegaron a ter ata cinco deputados, unha caída relacionada coa ruptura da confluencia, pois Podemos Galicia e Esquerda Unida preséntanse no país coa marca En Común - Unidas Podemos, que se supón é a que lograría os dous escanos morados na Coruña e Pontevedra.
Hai que ter en conta que o CIS non pregunta polo BNG, que leva varias lexislaturas sen lograr escano. A pesar dos seus progresos en recentes eleccións, ningunha enquisa pública ou privada outórgalle escano ao Bloque por agora.
Os resultados nas xerais para toda España quedarían así, posibilitando un goberno de Pedro Sánchez con Unidas Podemos:
Escribe o teu comentario